Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizou para o vindeiro domingo, 18 de marzo, a I Feira de productos naturais e artesáns na Eira da Xoana, que se celebrará en Ramil (Agolada) na provincia de Pontevedra.

Dende as 11 da mañá, as persoas que se acheguen ao mercado poderán, ademais de mercar productos de agricultura ecolóxica, comercio xusto e artesanía, desfrutar de xogos, música e mesmo participar en diversos talleres como os de cosmética natural e cestería. Ás 14.30 horas haberá un xantar amenizado con música e cabezudos.

A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas participará na mesa redonda que se ten organizado para debater, xunto con Panxea e A Cova da Terra, sobre a soberanía alimentaria.

Podedes atopar máis información no blogue da Eira da Xoana.

Etiquetas: , , , , , ,

%d bloggers like this: