Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Galicia continúa promovendo a súa gastronomía polo mundo adiante. Sen ir máis lonxe, onte clausurábase o Salón de Gourmets de Madrid coa presenza, o mércores, do secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto.

Galicia estivo representada nesta feira de productos alimentarios de alta gama, cun stand institucional de 288 metros cadrados no que se fixo promoción de 24 empresas galegas e 22 consellos reguladores da nosa comunidade. Algúns dos productos que se puideron degustar nas diversas catas foron viños da denominación de orixe de Valdeorras, castañas con Indicación Xeográfica Protexida, Mexillóns ou viño con Denominación de Orixe do Ribeiro, por poñer algúns exemplos.

Esta labor de promoción gastronómica, segundo Fernández-Couto, é posible grazas á alianza entre o Goberno galego e a iniciativa privada para traballar xuntos na mellora da comercialización destes productos.

Esta labor de promoción desenvolveuse con éxito, a semana pasada,  nunha das citas gastronómicas máis importantes da nosa comunidade, o Forum Gastronómico de Santiago, onde se reuniron profesionais da alimentación, da cociña e gourmets para descubrir todo o abanico de sabores e calidade que nos ofrecen os productos da nosa terra.

Galicia tamén estivo presente no Mediterranean Seafood de Rímini (Italia), centrado nos productos do mar e proximamente farao no Salón Internacional de Alimentación e Bebidas Alimentarias, que se celebra en Barcelona entre os días 26 e 29 deste mes.

Advertisements

Etiquetas: , , , ,

%d bloggers like this: