16 Marzo, 2012 Vídeo-Soberanía alimentaria: conclusións do I Cumio Europeo
Esta curta documental foi elaborada durante o I Cumio Europeo para a Soberanía Alimentaria celebrado en agosto do ano pasado en Krems (Austria). Recuperamos esta pequena peza audiovisual para retomar o debate sobre a soberanía alimentaria, un concepto mencionado por primeira vez en 1996 por Vía Campesina, durante o Cumio Mundial dos Alimentos da FAO, en Roma.
A soberanía alimentaria coloca aos produtores agropecuarios e aos consumidores no centro do debate, e apoia a todos os pobos no seu dereito a producir os seus propios alimentos locais e culturalmente adecuados, máis alá das condicións dos mercados internacionais.
As organizacións presentes en Krems subliñaron a necesidade de definir estratexias concretas, baseadas no concepto de Soberanía Alimentaria, que alcanzaría un desenvolvemento territorial equilibrado, mantería as explotacións familiares, producirían alimentos sans e desenvolvería oportunidades nos mercados locais.
As direccións marcadas viran en torno ao dereito a unha alimentación sa e libre de organismos modificados xeneticamente; mellores condicións laborais, en particular no eido da alimentación e da agricultura, cunha participación activa no sistema alimentario. Esta participación implica enfrontarse ao sistema agroindustrial e a expandir e consolidar un movemento europeo forte en favor da soberanía alimentaria, mediante a adopción da primeira Declaración Europea pola Soberanía Alimentaria.
Fontes:
Para máis información sobre soberanía alimentaria:
Soberanía alimentaria en Europa (artigo en Rebelion.org)
Etiquetas: Cumio Europeo Soberanía alimentaria, Soberanía alimentaria, Vía Campesina
Deixar unha resposta