Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Aloxamentos e Restaurantes

A pesares de que o tempo non acompañe hoxe, queremos facervos unha proposta alternativa para o desfrute do tempo libre: deportes de aventura. E os concellos que conforman o GDR ofrecen un escenario natural perfecto para o desfrute deste tipo de actividades. Estas soen contratarse a través de paquetes turísticos que ofertan algunhas empresas especializadas.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

O Concello de Muxía organiza un ano máis o seu concurso de tapas. Esta terceira edición, que se celebrará os días 10, 11, 17 e 18 de Decembro pretende potenciar o turismo e a restauración local no concello.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

Despois de varios meses de traballo, onte conseguimos rematar a ‘Guía turística do GDR Costa da Morte’, e hoxe poñémola xa á vosa disposición. Nela poderedes atopar a máis completa información sobre espazos naturais, monumentos, museos, restaurantes e outros aspectos relativos á Costa da Morte. Dende aquí queremos darvos as gracias a todos os que colaboráchedes con propostas e fotos. Tamén queremos convidarvos a botarlle unha ollada ao documento, xa que estamos abertos a comentarios e valoracións que nos axuden a mellorar de agora en diante.

‘Guía turística do GDR Costa da Morte’

Hoxe rematamos o noso percorrido polos establecementos hoteleiros e polos restaurantes da Costa da Morte, e facémolo no concello de Zas. Destaca, neste caso, a oferta de casas rurais: A Casona, As Canceliñas e mailo hotel rústico Casa do Vento. Tamén dispoñemos do hostal Miñones e da pensión As Torres.

Á hora de compartir mesa e mantel nalgún restaurante, a oferta constitúena Casa Maroñas, Casa Ovidio, A Lareira, As Torres, Casa Cruz, a pizzería Tívoli e mailo restaurante Soneira.

Nesta ocasión pechamos a sección con dúas receitas, ambas as dúas para preparar unhas deliciosas trufas de chocolate. Mmm!!! Que boas están!!!

Unha vez pasado o Nadal, no que modificamos lixeiramente os nosos contidos, retomamos a nosa sección habitual dos xoves, sobre aloxamentos e restaurantes. Lembramos que xa pasaron por aquí os concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos e Muxía. Hoxe é a quenda de Vimianzo, mentres que a vindeira semana visitaremos o concello de Zas.

No caso vimiancés, proliferan as pensións e mailas casas rurais. Entre estas últimas atópanse Casa Rural Os Batáns, Casa Pastoriza e Casa da Forxa.

As pensións onde podemos aloxarnos e, ademais, saborear un bo menú, son Pensión – Restaurantes Santos, Pensión Quilmes, Pensión – Restaurante Vázquez e Pensión – Parrillada Montevideo.

A oferta de aloxamento complétase co Hostal – Restaurante Pastoriza.

En todos eles, sen necesidade de facer noite, podemos degustar deliciosos pratos. Á hora de xantar ou cear, tamén podemos facelo no mesón A Lagoa; nas parrilladas Edreira e París, e nos restaurantes Montreux 2, O Castillo, Pareisales, Vía Rápida e Casa Sabina. Segundo a relación calidade-prezo, queremos destacar aquí o bo facer de Vía Rápida e Casa Sabina, dous dos establementos de maior sona dentro e fóra do municipio.

Hoxe pechamos a sección cunha nova proposta de receita, que se caracteriza por ser económica, sinxela (aínda que laboriosa) e, sobre todo, moi saborosa. Bo proveito!!!

Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Mazaricos xa pasaron por esta sección. Hoxe é a quenda de Muxía, unha das vilas máis concorridas da Costa da Morte. Destacan, por número e tamén por calidade, os establecementos rústicos: Hotel rústico Fontequeiroso, Hotel rural Tira da Barca, Casa rural de Ozón, Turismo rural Casa de Trillo, Casa de Lema, Casa Castiñeira e Casa Ogando. Tamén contamos con dous hostais: Playa de Lago e La Cruz. Idéntica cifra de hoteis hai no concello muxián: Hotel – Restaurante Doña Rita e Apart. Hotel Los Molinos. A eles hai que engadir a Pensión – Restaurante Plaza.

Á hora de facer traballar o padal e mailo aparello dixestivo, destacaremos aquí o bo facer dos restaurantes Doña Rita, Playa de Lago, Tira da Barca e Virxe da Barca, os de maior sona en toda a bisbarra e arredores. Tamén contamos coas propostas dos establecementos Plaza, Casa Carmela, Arco Iris, El Cordobés, El Paraíso, La Cruz, La Sirena, O Coral, O Pinar, Pedra de Abalar, Riamar e Saburil.

Hoxe pechamos a sección con dúas receitas propias desta época do ano. Primeiro servimos un delicioso pavo, seguindo a receita tradicional do día de Nadal. Unha vez saciados, deixamos un oco no estómago para saborear un trociño de tronco navideño.

E, para poñer a guinda a este artigo, despedímonos facendo un brinde para que o novo ano chegue repleto de boas novas!

Unha semana máis, continúamos visitando todos os recunchos da Costa da Morte e averiguando ónde podemos pasar unha noite agradable e ónde podemos disfrutar dunha boa comida. Hoxe diriximos a nosa ollada cara Mazaricos, concello este que non conta cun número elevado de establecementos, pero que está especializado en turismo rural e comidas caseiras. E precisamente aí é onde radica o seu atractivo e a súa fama máis alá das fronteiras da Costa da Morte.

Despuntan neste sector, no do turismo rural, o Hotel rústico Santa Eulalia e mailo Hotel Casa Jurjo. En ámbolos dous, non só podemos pasar unha plácida estancia, senón que tamén podemos deleitar os nosos padais cos manxares que alí se cociñan.

Hoxe pechamos a sección cunha deliciosa receita: boi de mar gratinado. Engadimos, ademais, unha receita para elaborar unha boa bechamel, necesaria en moitos pratos.

Miles de turistas e peregrinos visitan Fisterra cada ano. Algúns deles chegan á nosa terra moi ben documentados sobre os transportes, os aloxamentos dispoñibles, os mellores sitios para comer, etc. Pero a maioría, unha vez en Galicia, non teñen moi claro ónde comer e ónde durmir.

Dende aquí queremos apuntar algunhas propostas, pero non só para eles, senón tamén para calquera persoa que desexe pasar uns días agradables nun dos destinos máis apetecibles da xeografía galega.

En primeiro lugar, os peregrinos deben saber que poden hospedarse no albergue Finistellae.

Unha opción moi recomendable constitúea algunha das numerosas casas rurais que existen no concello fisterrán: Hotel rural Prado da Viña, Hotel rústico Ínsula Finisterrae, Casa Praia do Rostro e Aloxamentos Xoán Bautista.

A oferta complétase cun número considerable de hoteis: Áncora, Dugium, A Langosteira, Playa Langosteira, Finisterre e O Semáforo. A eles súmanse os hostais Mariquito e Nicola.

Á hora de comer contamos cunha ampla gama de locais: Cabo Finisterre, Tira do Cordel, A Lareira, Fin do Camiño, O Trebón, Apalaxa, Calcoba, Don Percebe, Doña Lubina, El Merendero, Finisterre, O Centolo, O Tearrón Calafigueira e Tres Golpes.

Hoxe despedímonos botando xa unha ollada ao Nadal, que está á volta da esquina. Para ir preparando o terreo, deixámosvos aquí unha receita para preparar unhas exquisitas ameixas á mariñeira, así como unha fermosa panxoliña.

Agardamos que as desfrutedes!

Camariñas, Carnota, Cee e Corcubión xa foron obxecto de análise nesta sección, na que tamén desvelamos cómo preparar ó polbo á feira, unha boa paella de mariscos, o caldo galego e unhas apetecibles vieiras con xamón. Hoxe imos dar unha voltiña por Dumbría, e remataremos o artigo amosando cómo preparar os callos ao estilo galego. Decantámonos por esta receita porque durante os últimos días recibimos varias consultas nesta direción e porque, por tratarse dun menú que se ha de degustar quentiño, é propicio para esta época do ano.

Comecemos, pois, visitando o concello de Dumbría. A súa oferta á hora de comer e/ou durmir non é significativa en canto a número de establecementos, pero si en canto a calidade. Destacan as casas rurais Casa de Santa Uxía e Casa Curiña, así como a pensión rústica As Pías e o mesón – pensión residencial O Argentino. Neles poderedes degustar os produtos típicos da Costa da Morte e disfrutar da mellor cociña caseira.

Agora, dado que o prometido é débeda, deixámosvos aquí unha das múltiples recetas que existen sobre os callos, un dos pratos típicos de Galicia.

A vindeira semana deterémonos en Fisterra, vila destacada polas peregrinaxes, pola ampla oferta turística e pola gastronomía, que revisaremos pormenorizadamente.

Ademais, agora que se achega o Nadal, durante as vindeiras semanas publicaremos contidos propios desta época tan especial: receitas para Noiteboa e Fin de Ano, panxoliñas, programación cultural e deportiva na Costa da Morte, etc.

Despois de visitar nesta sección as vilas de Camariñas, Carnota e Cee, hoxe imos recomendar algúns establecementos onde aloxarse e/ou comer en Corcubión.

Antes de sinalar cáles son os locais máis apetecibles, deixamos que sexa o xornalista corcubionés Fran Hermida quen presente as excelencias da súa vila natal.

Se te deixas caer por Corcubión e che apetece facer noite ou, directamente, pasar uns días máis que agradables na zona, tres son as opcións máis destacadas: a casa rural Casa de Carmen, o complexo turístico As Hortensias e mailo hotel – restaurante El Hórreo. Todos eles ofrecen, ademais, unha cociña de primeiro nivel ideal para degustar pratos típicos da comarca e para celebrar un banquete de voda (ou bautizo ou primeira comunión, segundo a ocasión). A eles engádense os restaurantes Clube Marítimo Carrumeiro, Maritxu, A Lúa, Alborada, San Martín, Villa Fontana e Praia de Quenxe -este último especializado en mariscos-.

Hoxe queremos pechar a sección dun xeito moi especial, cun prato típico galego e unha das moitas especialidades que se preparan na Costa da Morte: Vieiras con xamón. Bo proveito!

O vindeiro xoves estaremos no concello de Dumbría. Non podedes perder detalle!

A %d blogueros les gusta esto: