Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Aloxamentos e Restaurantes

Un xoves máis, imos repasar en qué establecementos da Costa da Morte podemos pasar unha agradable noite ou saborear os praceres gastronómicos da nosa terra. Despois de coñecer a oferta de Camariñas e Carnota, hoxe botaremos unha ollada ao que nos ofrece o concello de Cee, un dos máis turísticos da comarca. Catro casas rurais, outros tantos hoteis, tres hostais, un albergue e unha pensión son as alternativas que farán as delicias dos visitantes.

Nas casas rurais (Casa Jesús, Casa Lourido, Casa O Cruceiro e Casa Pili), os hóspedes poden “sumerxerse” na natureza e alimentar os sentidos coas marabillosas paisaxes. O mesmo sucede no Hotel de Naturaleza AV, que aúna as mellores prestacións dun hotel e dunha vivenda rural.

Para vivir unha experiencia máis urbana e menos rural, os hoteis Ínsua, La Marina e Larry son unha magnífica opción.

Se chegas a Cee en calidade de peregrino, facendo o camiño dende Santiago ata Fisterra e Muxía, o albergue Camiño das Estrelas é unha alternativa sumamente interesante.

A oferta complétase con tres hostais (Pereiriña, Playa de Estorde e Galicia) e unha pensión (Beiramar).

Ademais, se te achegas a Cee á feira, ao centro comercial ou por calquera outro motivo e che apetece parar a comer, podes facelo nos restaurantes Playa de Estorde, Ínsua, A Nonna, Faina II, La Marina, Lo & El, O Gallego, O Refuxio, Tavernetta ou Valentín.

O vindeiro xoves prestaremos atención ao concello de Corcubión, que conta con varios locais moi apetecibles.

Hoxe pechamos a sección cun menú moi apropiado para botar fóra o frío e entrar en calor: caldo galego. Mmmmm!!! Bo proveito!

Achégase a fin de semana, e é de supoñer que moitas persoas aproveitarán para xantar fóra da casa. Ademais, a visita do Papa Bieito XVI vai incrementar o número de visitas a Santiago de Compostela, pero tamén á provincia no seu conxunto, polo que a demanda nos establecementos hoteleiros e restaurantes é previsible que sexa moi superior ao habitual.

Así as cousas, hoxe imos adicar unhas liñas aos establecementos de Carnota, onde a oferta é moi ampla e diversificada. Se o que buscas é pasar uns días tranquilo lonxe da rutina cotiá, a Pensión rústica A Laxe e maila Casa rural Xanela da Lúa son dúas boas opcións. Se te decantas por un hotel, os hoteis Areas Bed & Breakfast e La Casona del Abuelo colmarán, a bo seguro, as túas expectativas. A oferta complétase cos hostais A Revolta e Miramar, coa pensión Cachiño e cos apartamentos Playa de Lariño.

Á hora de compartir mesa e mantel e desfrutar da nosa gastronomía, no concello carnotán atopámonos co mesón O noso lar, coa parrillada Fontevella, e cos restaurante A Morada, A Revolta, Casa Crega, Casa Goyanes, O Feitizo e Miramar.

A continuación podedes ver un vídeo de Youtube que nos amosa cómo preparar unha suculenta paella de mariscos, unha das especialidades que se preparan en Carnota.

Antes de despedirnos, gustaríanos recomendar dous portais de Internet. O primeiro é sobre turismo rural (www.ruralguay.com), mentras que o segundo (www.elgastronomico.es) é un blog sobre gastronomía no que poderedes atopar deliciosas receitas, entrevistas, reportaxes e outros contidos.

A vindeira semana visitaremos o concello de Cee, e desvelaremos cáles son os lugares máis apetecibles para pasar a noite ou desfrutar dunha agradable comida.

Non esquezades que podedes deixar as vosas opinións sobre todos estes establecementos.

Como apuntamos onte, os xoves imos adicalos a recomendar aloxamentos e restaurantes na Costa da Morte, e comezamos hoxe coa vila de Camariñas.

A capital do encaixe ofrece un amplo abano de posibilidades. Se o que realmente che apetece é desconectar nun ambiente de tranquilidade, podes facelo no Hotel rústico Lugar do Cotariño ou no Hotel rústico Puerto Arnela.

Se buscas un hotel ou un hostal onde pasar a noite (unha ou varias), en Camariñas contamos co Hotel O Parranda, e mailos hostais Gaviota, Dársena, Triñanes 2 e Lobeiras.

A oferta é aínda maior á hora de comer. Os maiores protagonistas son as marisquerías con produtos da costa galega, as parrilladas e mailas pizzerías, que achegan á Costa da Morte os sabores procedentes de Italia. Neste caso destacan as pizzerías Oasis e Stella do Mare. Todos os demais locais ofrecen unha ampla variedade de pratos, co fin de satisfacer todos os padais: Restaurante – Marisquería O Meu Lar, Restaurante Villa de Oro, Restaurante Catro Ventos, Restaurante Panadeiro, Restaurante O Ariño, Parrillada Rojo, Restaurante A Xunqueira, Restaurante Brasil, Restaurante Casa Antelo, Restaurante Chalana, Restaurante Dársena, Restaurante O Pincho e Restaurante – Parrillada Sara.

Se tedes ocasión de probar o menú nalgún destes establecementos ou de pasar uns días nalgún hotel ou casa rural, agradecemos a vosa colaboración en forma de comentarios e de puntuacións. É o mellor xeito de recomendar un lugar a aquelas persoas que non coñecen a nosa costa.

Para poñer punto e final a esta primeira entrega de suxestións de sitios onde comer e durmir na Costa da Morte, deixámosvos aquí un vídeo sobre o polbo de Camariñas, en concreto, sobre a súa degustación.

Aproveitamos, asemade, para apuntar que acabamos de introducir unha serie de retoques no blog, que agardamos que vos fagan a navegación máis práctica e agradable.

A %d blogueros les gusta esto: