Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Deportes

Este sábado, 10 de marzo, o Concello de Camariñas celebra o IV Campionato de Pesca. Os premios son unha das grandes atraccións do evento: a persoa gañadora recibirá 700 euros; o segundo premio consiste nunha caña de pesca AWA-SHIMA valorada en 650 euros; o terceiro e cuarto posto serán recompensados con 350 e 150 euros respectivamente e para rematar, o 5º, 6º e 7º premio son dous reloxos e un carrete de pesca.

Tamén haberá un premio especial de 200 euros á maior captura e outro para o primeiro clasificado do Concello de Camariñas, que recibirá un equipo completo de pesca.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse no blogue da Asociación de Empresarios. A cota de inscripción será de 50 euros e inclúe a a licencia federativa para todo o ano 2012, churrascada para o xantar e cea ao remate.

Para máis información podedes chamar aos números 677 351 799 ou 981 736 327.O correo electrónico é asociacionempresarioscamarinas@gmail.com

Advertisements

Etiquetas: ,

Non imos ter tempo de aburrirnos coa de actividades que teñen organizado os concellos do GDR Costa da Morte para estes días de Nadal. Aquí vos vai un resumo dalgunhas citas destacables para pasalo ben sós ou en familia.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

A pesares de que o tempo non acompañe hoxe, queremos facervos unha proposta alternativa para o desfrute do tempo libre: deportes de aventura. E os concellos que conforman o GDR ofrecen un escenario natural perfecto para o desfrute deste tipo de actividades. Estas soen contratarse a través de paquetes turísticos que ofertan algunhas empresas especializadas.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

O Concello de Camariñas, a través da Concellería de Educación, Cultura e Deportes, organizou para o próximo domingo, 4 de Decembro unha xornada de Sendeirismo. O percorrido será pola senda costeira, que ofrece unhas das vistas máis fermosas da Costa da Morte. Partirá ás 10.00 horas do paseo marítimo, subindo polo “Areal” e continuando pola pista de Mourín cara a Pedrosa, que será o primeiro punto de parada para comer algo e recobrar forzas.

Continue reading this article ›

Etiquetas:

Despois de varios meses de traballo, onte conseguimos rematar a ‘Guía turística do GDR Costa da Morte’, e hoxe poñémola xa á vosa disposición. Nela poderedes atopar a máis completa información sobre espazos naturais, monumentos, museos, restaurantes e outros aspectos relativos á Costa da Morte. Dende aquí queremos darvos as gracias a todos os que colaboráchedes con propostas e fotos. Tamén queremos convidarvos a botarlle unha ollada ao documento, xa que estamos abertos a comentarios e valoracións que nos axuden a mellorar de agora en diante.

‘Guía turística do GDR Costa da Morte’

FÚTBOL

Preferente Autonómica. Xornada 33.

Soneira 1 – Boiro 1

Primeira Autonómica. Xornada 29.

Dumbría 5 – Zas 0

Unión 3 – Cee 2

Segunda Autonómica. Xornada 29.

Club do Mar 2 – Dumbría B 1

Ponteceso 3 – O Pindo 0

San Lorenzo 1 – Fisterra 0

Malpica 5 – Esteirana 0

Camariñas 1 – Buño 2

Castriz 2 – Porteño 3

Baio 2 – Corme 2

Continue reading this article ›

%d bloggers like this: