Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Desenvolvemento Local

Este sábado, 10 de marzo, o Concello de Camariñas celebra o IV Campionato de Pesca. Os premios son unha das grandes atraccións do evento: a persoa gañadora recibirá 700 euros; o segundo premio consiste nunha caña de pesca AWA-SHIMA valorada en 650 euros; o terceiro e cuarto posto serán recompensados con 350 e 150 euros respectivamente e para rematar, o 5º, 6º e 7º premio son dous reloxos e un carrete de pesca.

Tamén haberá un premio especial de 200 euros á maior captura e outro para o primeiro clasificado do Concello de Camariñas, que recibirá un equipo completo de pesca.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse no blogue da Asociación de Empresarios. A cota de inscripción será de 50 euros e inclúe a a licencia federativa para todo o ano 2012, churrascada para o xantar e cea ao remate.

Para máis información podedes chamar aos números 677 351 799 ou 981 736 327.O correo electrónico é asociacionempresarioscamarinas@gmail.com

Etiquetas: ,

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado venres, 24 de febreiro, a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de productores e productoras para a realización de actividades de promoción e información de productos agroalimentarios de calidade diferenciada.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , ,

Este domingo comeza o Fórum Gastronómico Santiago 2012 na capital galega. Vimos comentando xa dende este blogue a importancia deste evento   en particular e da valorización e aproveitamento da riqueza gastronómica da Costa da Morte como atractivo turístico en xeral.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , ,

O presidente da Asociación Costa da Morte GDR, Manuel Muíño Espasandín e dous productores locais asinaron hoxe un acordo de colaboración enmarcado dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”. Coa firma do convenio entregáronse 175 quilos de pataca fina de Carballo: 50 quilos a María Luisa Mata Rial, de Zas e 125 quilos a José Manuel Maneiro Alvite, de Mazaricos.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

A Xunta está a impulsar unha reforma normativa que pretende aumentar o recoñecemento das mulleres no rural galego.  A Consellería do Medio Rural e do Mar está a tramitar un Decreto para regular o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Este Decreto ten como obxectivo avanzar no recoñecemento xurídico e económico efectivo das mulleres no rural, en relación coa titularidade das explotacións agrarias, facendo posible a aplicación efectiva na nosa Comunidade da Lei estatal de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias do 4 de outubro de 2011.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , , ,

A Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) organiza o curso ‘Introdución á cooperación internacional ao desenvolvemento’, que terá lugar o próximo 8 de marzo.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , ,

A Federación Española de Municipios e Provincias ven de publicar un manual sobre emprego verde, que sen lugar a dúbidas constitúe un manual imprescindible para todas aquelas persoas emprendedoras que buscan alternativas de negocio e novos xacementos de emprego.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

Vigo acollerá un ano máis o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, que se celebrará os día 21, 22 e 23 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Continue reading this article ›

Etiquetas:

Rosa Quintana, conselleira do Medio Rural e do Mar gababa o pasado domingo no IV Cocido do Porco Celta de Sarria a calidade e potencialidades da única raza de porco galego. A conselleira calificou esta raza como ” a quintaesencia da nosa terra” e ” motor da economía do fogar” que “representa na industria un referente de potencialidade económica”.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

Este ano 2012 foi declarado, na 64ª reunión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Ano Internacional do Cooperativismo, un recoñecemento que pon de manifesto a importancia do movemento cooperativo nun contexto de crise como é o actual.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

A %d blogueros les gusta esto: