Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Desenvolvemento Rural

O Concello de Carnota organizou para esta Semana Santa a I Mostra de Promoción Local. De xoves a domingo, todas aquelas persoas que se acheguen a Carnota poderán participar nas diversas actividades programadas. Hai de todo e para todos os gustos, dende actividades deportivas como rutas en bicicleta BTT pola senda verde, actividades náuticas e sendeirismo polo Monte Pindo ata mostras de artesanía e productos agrícolas e gandeiros, video-forums, concertos…

Para máis información podedes chamar ao número de teléfono 981 857 032.

Cartaz

CARTAZ II

Etiquetas: , , , , ,

O vindeiro 12 de abril, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo) acollerá unha Xornada Técnica de Horticultura e Variedades Locais.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , , ,

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá do 21 ao 23 de xuño o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , , , ,

A Xunta de Galicia anunciou hoxe que se está traballando na creación dun plan de axudas financeiras destinadas a paliar o impacto económico que esta seca prolongada está a provocar nas persoas que se adican á gandaría na nosa comunidade. Deste xeito, financiaranse total ou parcialmente os intereses dos préstamos aos que tiveron que recorrer os gandeiros para mercar forraxe coa que alimentar ao gando.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

O vindeiro mércores, 28 de marzo, celebrarase no territorio do GDR EuroEume -concello de San Sadurniño-a III Xornada de Fruticultura Atlántica: oportunidades e retos .

Esta xornada enmárcase dentro do proxecto de cooperación interterritorial “Nuevos Horizontes”,  ao que está adherido o GDR Costa da Morte. O evento está dirixido a productores  agrarios, propietarios e propietarias de terras, persoas interesadas en incorporarse á actividade agraria, alumnado de ciclos formativos da rama agraria, persoas demandantes de emprego, persoal técnico dos GDRs e de Oficinas Agrarias Comarcais, así como outras persoas interesadas na fruticultura.

Programa

 

A terceira convocatoria para a constitución de Espazos Sociais de Innovación (ESdI) xa está aberta. Ata o 23 de abril deste ano, todas aquelas organizacións de innovación aberta dirixidas por comunidades e usuarios sociais xa poden presentar as súas candidaturas para a súa inclusión na Rede Nacional de ESdI.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , ,

%d bloggers like this: