Category Archives: Ecoloxía
3 Abril, 2012 “Víndemo Ver”: I Mostra de Promoción Local de Carnota
O Concello de Carnota organizou para esta Semana Santa a I Mostra de Promoción Local. De xoves a domingo, todas aquelas persoas que se acheguen a Carnota poderán participar nas diversas actividades programadas. Hai de todo e para todos os gustos, dende actividades deportivas como rutas en bicicleta BTT pola senda verde, actividades náuticas e sendeirismo polo Monte Pindo ata mostras de artesanía e productos agrícolas e gandeiros, video-forums, concertos…
Para máis información podedes chamar ao número de teléfono 981 857 032.
Etiquetas: agricultura, Artesanía, Carnota, gandaría, Mostra, Promoción Local
2 Abril, 2012 Xornada Técnica de Horticultura e Variedades Locais
O vindeiro 12 de abril, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo) acollerá unha Xornada Técnica de Horticultura e Variedades Locais.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", Centro Investigacións Agrarias Mabegondo, horticultura, variedades locais, Xornadas
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Local, Desenvolvemento Rural, Ecoloxía, Eventos, LEADER
26 Marzo, 2012 IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá do 21 ao 23 de xuño o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica.
Continue reading this article ›
Etiquetas: agricultura ecolóxica, Agroeconoxía, Congreso, feminismo, Soberanía alimentaria, sustentabilidade
16 Marzo, 2012 III Xornada de Fruticultura Atlántica: oportunidades e retos
O vindeiro mércores, 28 de marzo, celebrarase no territorio do GDR EuroEume -concello de San Sadurniño-a III Xornada de Fruticultura Atlántica: oportunidades e retos .
Esta xornada enmárcase dentro do proxecto de cooperación interterritorial “Nuevos Horizontes”, ao que está adherido o GDR Costa da Morte. O evento está dirixido a productores agrarios, propietarios e propietarias de terras, persoas interesadas en incorporarse á actividade agraria, alumnado de ciclos formativos da rama agraria, persoas demandantes de emprego, persoal técnico dos GDRs e de Oficinas Agrarias Comarcais, así como outras persoas interesadas na fruticultura.
16 Marzo, 2012 Vídeo-Soberanía alimentaria: conclusións do I Cumio Europeo
Continue reading this article ›
Etiquetas: Cumio Europeo Soberanía alimentaria, Soberanía alimentaria, Vía Campesina
7 Marzo, 2012 ADEGA organiza a I Feira de Productos Naturais e Artesáns na Eira da Xoana
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizou para o vindeiro domingo, 18 de marzo, a I Feira de productos naturais e artesáns na Eira da Xoana, que se celebrará en Ramil (Agolada) na provincia de Pontevedra.
Continue reading this article ›
Etiquetas: A Cova da Terra, ADEGA, Eira da Xoana, feira, Panxea, Rainha Lupa, Soberanía alimentaria
6 Marzo, 2012 IV Encontro da Rede Galega de Sementes
O vindeiro sábado, 17 de marzo, a partires das 11.00 horas comezará o IV Encontro da Rede Galega de Sementes na Praza 8 de Marzo (A Porta do Camiño) en Santiago de Compostela.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Encontro, intercambio sementes, Rede Galega de Sementes
27 Febreiro, 2012 Axudas para actividades de promoción de productos agroalimentarios de calidade diferenciada
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado venres, 24 de febreiro, a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de productores e productoras para a realización de actividades de promoción e información de productos agroalimentarios de calidade diferenciada.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Axudas, calidade diferenciada, productos agroalimentarios, subvencións
20 Febreiro, 2012 BioCultura 2012: a cita anual coa producción ecolóxica
Entre os días 2 e 4 de marzo celebrarase en Valencia BioCultura, a feira de productos ecolóxicos máis importantes do estado español, que volve este ano coa súa terceira edición.
Continue reading this article ›
Etiquetas: BioCultura 2012, feira, producción ecolóxica, Valencia
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Artesanía, Ecoloxía
16 Febreiro, 2012 O GDR Costa da Morte fai entrega de 175 quilos de pataca fina de Carballo a dous productores locais cos que asina un acordo de colaboración
O presidente da Asociación Costa da Morte GDR, Manuel Muíño Espasandín e dous productores locais asinaron hoxe un acordo de colaboración enmarcado dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”. Coa firma do convenio entregáronse 175 quilos de pataca fina de Carballo: 50 quilos a María Luisa Mata Rial, de Zas e 125 quilos a José Manuel Maneiro Alvite, de Mazaricos.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", pataca fina de Carballo