Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Festas

Esta fin de semana imos poder desfrutar de numerosas actividades culturais que nos ofrecen os concellos do GDR. Hoxe a partires das 20.30 horas proxectarase na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo o filme “Finisterre” do director Xavier Villaverde, que para a súa realización contou co asesoramento artístico e aportacións de cadros e esculturas do artista vimiancés Antón Mouzo, ao que se lle ven rendindo homenaxe cunha exposición-que permanecerá aberta ata mediados de mes- na Casa da Cultura. Para completar a oferta cultural do concello, o domingo ás 18.30h terá lugar tamén no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo “Dous pallasos en apuros” . Fran Rei e Pedro Brandariz dan vida neste show a unha gran variedade de persoaxes aloucados, que pretenden conectar co público a través dun humor que é unha homenaxe aos números clásicos dos pallasos de circo. A entrada e de balde.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , , , , ,

O Concello de Muxía organiza un ano máis o seu concurso de tapas. Esta terceira edición, que se celebrará os días 10, 11, 17 e 18 de Decembro pretende potenciar o turismo e a restauración local no concello.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

Como un venres máis voltamos coa axenda de actividades nos concellos integrados na nosa asociación.

O Concello de Cee tennos preparado para hoxe un concerto, no marco do programa “Novembro Cultural” . Ás 20.00 horas comeza no Salón de Actos do Concello IULIUS XIII, unha orquestra en cinco instrumentos.

Continue reading this article ›

A choiva semella que non nos vai dar tregua esta fin de semana. Aínda así, temos unha morea de alternativas que propoñervos para desfrutar destes días sen  necesidade de mollarse.

Continue reading this article ›

Este mes imos ter a oportunidade de comer moi ben en Vimianzo. Comeza “Vimianzo Gastronómico: Compartimos outono”, un percorrido polos sabores  da terra con suculentos pratos a prezos módicos. Seis restaurantes de Vimianzo participan nestas xornadas ofrecendo, durante as fins de semana, menús completos a 22 euros por persoa (bebida aparte). Os locais que participan son: Casa Paco (só os sábados), Casa Sabina, O Cabral, O Castillo, o Retiro de Barbolés e Restaurante Vázquez.

Continue reading this article ›

Etiquetas:

Este fin de semana temos unha morea de alternativas para desfrutar do noso tempo libre facendo cousas diferentes. Para comezar, mañá sábado celébrase a frikifesta no Concello de Vimianzo. Ás 13.00 horas comezará a xornada friki con un pasarrúas da charanga Fantástica. Para repoñer, nada mellor que unha frikomida en Casa Sabina. O prato estrela?: bufalo á arcilla. Ás 18.00 horas terán lugar as frikolimpiadas e ás 20.30 celebrase un concurso show. Para rematar a festa, ás 23.00 horas haberá frikiactuacións e un concurso no Celme Café  e no Pub Mehari.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

Despois de varios meses de traballo, onte conseguimos rematar a ‘Guía turística do GDR Costa da Morte’, e hoxe poñémola xa á vosa disposición. Nela poderedes atopar a máis completa información sobre espazos naturais, monumentos, museos, restaurantes e outros aspectos relativos á Costa da Morte. Dende aquí queremos darvos as gracias a todos os que colaboráchedes con propostas e fotos. Tamén queremos convidarvos a botarlle unha ollada ao documento, xa que estamos abertos a comentarios e valoracións que nos axuden a mellorar de agora en diante.

‘Guía turística do GDR Costa da Morte’

A fin de semana xa está aquí, e chega, como vén sendo habitual, cargada de propostas para o tempo de lecer. Nas seguintes liñas imos repasar todas as alternativas das que dispoñemos.

· Cine: En Cee podemos escoller entre ‘Rango’, ‘Destino oculto’, ‘Gnomeo y Julieta’, ‘El discurso del rey’ e ‘Torrente 4 3D’. Se optamos por achegarnos ata Carballo, a oferta confórmana ‘Torrente 4 3D’, ‘Gnomeo y Julieta 3D’, ‘Rango’, ‘Cisne negro’, ‘Sin compromiso’, ‘Esta abuela es mi padre’ e ‘El rito’. Podedes consultar todos os horarios en www.lavozdegalicia.es/cartelera. A nosa recomendación desta semana é ‘Sin compromiso’, unha comedia que a bo seguro vos arrincará máis dun sorriso.

· Teatro: Cándido Pazó será protagonista por partida doble nesta fin de semana. Mañá, a partir das 20.15 horas, poñerá en escea no Salón de Actos do Concello de Cee a obra ‘Memorias dun neno labrego’, a mesma que interpretará o Domingo, a partir das 20.00 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo.

· Deportes: A medida que se achega o desenlace de todas as competicións deportivas, cada xornada medra en interese e emoción. En www.quepasanacosta.com podedes consultar todos os cruces dos equipos de fútbol da Costa da Morte nas súas distintas categoría. Temos, ademais, as seguintes citas:

Mesón Río Ulla – Fisober FSF (Autonómica Feminina; sábado 26, 18.30 horas, Municipal de Vedra)

O Pino – Fisober B (Provincial Feminina; sábado 26, 20.00 horas, Pavillón C. P. I. O Pino)

Sobrado Xuventude – Concello de Ponteceso (Provincial Feminina; sábado 26, 20.00 horas, Municipal de Sobrado dos Monxes)

Talleres Baleato Feedback – Oso Polar Costa da Morte (Liga FGB Sénior Masculina; sábado 26, 17.00 horas)

Camariñas Conservas Boya – La Pizzicata Atlético Guardés (Primeira Autonómica Masculina de Balonmán; sábado 26, 18.30 horas, Pavillón Municipal O Areal)

Bueu Atlético Balonmán – Encaixe de Camariñas (Primeira Autonómica Feminina de Balonmán; Domingo 27, 13.00 horas, Pavillón Municipal de Bueu)

H. C. Borbolla – Club Patín Xunqueira (Liga Xuvenil Autonómica de Hockey sobre patíns)

Na Primeira División española non temos Liga esta fin de semana, xa que hoxe xoga o combinado nacional contra a República Checa. Aproveitamos esta cita para render unha pequena homenaxe ao conxunto adestrado por Vicente del Bosque.

· Música: Ademais dos eventos habituais, o grupo carnotán ‘Filloas on the stone’ actúa esta noite no bar Praia do Ézaro. Podedes velos en acción no seguinte vídeo, no que interpretan a canción ‘Yonki pijo’.

Ademais, non podemos esquecer que hoxe e mañá se celebra na Casa da Cultura de Vimianzo o congreso MODELO, e que o hotel El Hórreo de Corcubión acolle estes días unha mostra de artesanía.

Dende aquí desexamos que pasedes unha boa fin de semana!

 A carballeira de Zas é un dos rincóns máis máxicos e especiais da Costa da Morte pola súa beleza e pola paz interior que invade ás persoas que a percorren. No inverno ten o seu encanto ver cómo as gotas de chuvia salpican a paisaxe e intensifican o seu verdor, mentras que no verán é sumamente gratificante dar un cálido paseo baixo os raios do sol ou tumbarse á sombra dunha árbore a botar unha sesta. Tamén é un espazo ideal para un día en familia, xa que alí podemos merendar ou xogar cos nenos, tal como podemos apreciar no seguinte vídeo, que recolle as posibilidades que nos brinda este lugar da Costa da Morte.

Ademais, a carballeira acolle cada verán un festival de música celta que goza de sona en toda Galicia. A continuación podemos ver unha pequena mostra do que foi a última edición. En concreto, escoitamos unha peza interpretada por Kepa Junkera e Xosé Manuel Budiño.

Neste noso percorrido pola Costa da Morte, queremos deternos hoxe en Mazaricos, concello coñecido polo verde das súas paisaxes e por un desenvolvemento notorio da agricultura e da gandeiría. Destacan, ademais, e como xa comentamos en anteriores ocasións, o turismo rural e maila cociña tradicional. Pero hoxe queremos dirixir a nosa ollada á Fervenza da Noveira, un dos entornos de maior beleza de toda a Costa da Morte, como podemos apreciar na imaxe que ilustra este artigo. Nel, ademais, celébrase unha das festas de maior sona de toda Galicia: a Festa da Fervenza. Esta ten lugar a comezos de agosto, e reúne cada ano ás mellores orquestras da comunidade, así como a milleiros de persoas que se congregan para disfrutar de tres días de emocións intensas protagonizados pola mellor música, a degustación de carne á grella e un bo número de xogos populares. Esta celebración remóntase ao ano 1992, e, dende entón, a súa fama non deixou de medrar.

Despedímonos hoxe cun vídeo que conxuga o espírito desta festa e os mellores sentimentos desta época do ano. Trátase dunha actuación da orquestra Olympus -unha das habituais na Fervenza- no programa Luar, onde promocionaron unha canción solidaria que leva por título ‘Ayúdame’. Se queredes colaborar con esta iniciativa benéfica, podedes adquirir o videoclip da canción en calquera concerto da orquestra. Os fondos destínanse integramente a ASPACE (Federación Española de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral).

A %d blogueros les gusta esto: