Category Archives: Galería
20 Xaneiro, 2012 Exposición fotográfica “Comarca Natural de Bergantiños”
Os nosos compañeiros do GDR Bergantiños teñen organizado para o vindeiro xoves 26, no Pazo da Cultura de Carballo, a inauguración dunha exposición fotográfica que recolle as fotografías galardoadas e participantes na edición 2011 do I Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”, organizado pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños.
A mostra estará aberta ao público ata o 26 de febreiro de 2012. O horario de apertura da sala de exposicións será de 18:00h a 21:00h de luns a domingo e a entrada é de balde.
Por motivos de aforo e organización, rógase confirmar asistencia ao acto de inauguración enviando un correo electrónico a info@adbergantinos.org antes do luns, 23 de xaneiro de 2012, ás 12:00h .
Etiquetas: Concurso Fotográfico, Exposición fotográfica, GDR Bergantiños
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Galería, Uncategorized
3 Xaneiro, 2012 De museos
A oferta de museos e centros de interpretación dos concellos integrados no GDR é moi variada e abarca múltiples temáticas: artesanía, natureza, ciencia, etnografía, mundo do mar…
Aquí ofrecémosvos unha pequena lista dos máis significativos, moitos deles situados en espazos naturais de gran beleza ou conxuntos arquitectónicos con historia.
Continue reading this article ›
Etiquetas: centros de interpretación, museos
- 1 comentario
- Posted under Artesanía, Galería, Historia, Monumentos, Natureza, Ocio alternativo
15 Decembro, 2011 Análise e perspectivas no II Foro da Costa da Morte
O foro Costa da Morte: un mar de oportunidades organizado polo Grupo Correo Gallego reuniu onte no Auditorio da Casa de Cultura de Vimianzo a un bo número de axentes de desenvolvemento local e rural, promotores turísticos, hostaleiros e demais xente que ata alí se desprazou para coñecer un pouco máis a fondo a análise, reflexión e alternativas que os expertos e expertas, principais implicados, puideron facer ao longo da mañá en tres mesas redondas, nunha cas cales, participou o presidente do GDR Costa da Morte, Manuel Muíño.
Continue reading this article ›
Etiquetas: apoio ás empresas, II Foro Costa da Morte, Sector pesqueiro, Turismo
- 1 comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural, Eventos, Galería, LEADER
22 Novembro, 2011 Fervenza do Ézaro: a maxia dun espectáculo natural
Estes días de mal tempo botan por terra calquera plan ao aire libre. Sen embargo, é unha oportunidade única para visitar a fervenza de o Ézaro, no Concello de Dumbría. Coas intensas chuvias temos a oportunidade de desfrutar da fervenza en toda a súa magnitude.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Fervenza O Ézaro
- Deixar un comentario
- Posted under Galería, Monumentos, Natureza
21 Novembro, 2011 Batáns de Mosquetín: un tesouro etnográfico no Concello de Vimianzo
Os Batáns de Mosquetín constitúen un dos principais tesouros etnográficos que alberga o Concello de Vimianzo. Situados á beira do río Grande, na parroquia de Salto, esta construcción ofrécenos unha clara imaxe do funcionamento, costumes e labores de antano nun escenario natural de incomparable fermosura.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Batáns de Mosquetín, conxunto etnográfico, Vimianzo
- Deixar un comentario
- Posted under Galería, Historia, Monumentos, Natureza
3 Novembro, 2011 Novas publicacións sobre a Costa da Morte
A asociación cultural Pepe Valiña -Coral Xan Mella presentarán mañá ás 21.00 horas no auditorio de Baio tres libros sobre a Costa da Morte. Estas tres obras, editadas polo Seminario de Estudos Comarcais en colaboración coa Deputación da Coruña, constitúen unha interesante aportación para coñecer máis a fondo aspectos culturais e históricos da zona.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Costa da Morte, publicacións, Seminario de Estudos Comarcais
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Galería