Category Archives: Gastronomía
3 Abril, 2012 “Víndemo Ver”: I Mostra de Promoción Local de Carnota
O Concello de Carnota organizou para esta Semana Santa a I Mostra de Promoción Local. De xoves a domingo, todas aquelas persoas que se acheguen a Carnota poderán participar nas diversas actividades programadas. Hai de todo e para todos os gustos, dende actividades deportivas como rutas en bicicleta BTT pola senda verde, actividades náuticas e sendeirismo polo Monte Pindo ata mostras de artesanía e productos agrícolas e gandeiros, video-forums, concertos…
Para máis información podedes chamar ao número de teléfono 981 857 032.
Etiquetas: agricultura, Artesanía, Carnota, gandaría, Mostra, Promoción Local
9 Marzo, 2012 As xoias gastronómicas galegas percorren o mundo
Galicia continúa promovendo a súa gastronomía polo mundo adiante. Sen ir máis lonxe, onte clausurábase o Salón de Gourmets de Madrid coa presenza, o mércores, do secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Forum Gastronómico Santiago de Compostela, Mediterranean Seafood Rímini, Promoción gastronómica, Salón Gourmets Madrid, Salón Internacional de Alimentación e Bebidas Alimentarias
7 Marzo, 2012 ADEGA organiza a I Feira de Productos Naturais e Artesáns na Eira da Xoana
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizou para o vindeiro domingo, 18 de marzo, a I Feira de productos naturais e artesáns na Eira da Xoana, que se celebrará en Ramil (Agolada) na provincia de Pontevedra.
Continue reading this article ›
Etiquetas: A Cova da Terra, ADEGA, Eira da Xoana, feira, Panxea, Rainha Lupa, Soberanía alimentaria
27 Febreiro, 2012 Axudas para actividades de promoción de productos agroalimentarios de calidade diferenciada
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado venres, 24 de febreiro, a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de productores e productoras para a realización de actividades de promoción e información de productos agroalimentarios de calidade diferenciada.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Axudas, calidade diferenciada, productos agroalimentarios, subvencións
24 Febreiro, 2012 Gastronomía para combater a estacionalidade turística
Este domingo comeza o Fórum Gastronómico Santiago 2012 na capital galega. Vimos comentando xa dende este blogue a importancia deste evento en particular e da valorización e aproveitamento da riqueza gastronómica da Costa da Morte como atractivo turístico en xeral.
Continue reading this article ›
Etiquetas: estacionalidade turística, estacionalidade turística, foro gastronómico Santiago 2012, Gastronomía
22 Febreiro, 2012 Unha cita co mellor da nosa gastronomía
Profesionais da gastronomía, empresas do sector agroalimentario e larpeiros e larpeiras en xeral teñen os vindeiros días 26, 27 e 28 de febreiro unha cita inescusable no Fórum Gastronómico Santiago 2012, que se celebrará no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Fórum Gastronómico Santiago 2012
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Gastronomía
9 Febreiro, 2012 Festa do Cocido en Camariñas
Este sábado, 11 de febreiro, os larpeiros e larpeiras temos unha cita no Pavillón Municipal do Concello de Camariñas, onde se celebrará a Festa do Cocido. Para ir abrindo o apetito, a partires das nove e media da noite, repartiranse pinchos para todas as persoas asistentes.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Festa Cocido Camariñas
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Festas, Gastronomía
6 Febreiro, 2012 Xantar 2012 acolle a presentación de “Galicia en color”
Esta fin de semana concluíu a 13º edición de Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo. Dende o pasado mércores e ata onte, día de clausura, achegáronse á cidade de Ourense máis de 20.000 persoas, 17.000 das cales degustaron algún dos 30 menús ofertados polos 18 restaurantes que participaron nesta edición.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Galicia en color, Xantar 2012
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Gastronomía
22 Decembro, 2011 Campañas para a promoción gastronómica e turística
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, atópase en plena promoción de “Camiño de Sabores”, que pretende vincular o turismo á producción agroalimentaria.
Estes camiños de sabor permiten coñecer o proceso productivo agropecuario e degustar a cociña local. Para iso, dende a propia páxina web do proxecto, podedes acceder a toda unha serie de recursos en liña que vos axudarán a coñecer un pouco máis a fondo os tesouros gastronómicos de Galicia: rutas, receitas, productores, tendas…
Continue reading this article ›
Etiquetas: camiño de sabores de galicia, Turismo de Galicia: avaliación e retos de futuro
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Gastronomía, Natureza
9 Decembro, 2011 Axenda da fin de semana
Esta fin de semana temos unha gran variedade de actividades nos concellos integrados no GDR Costa da Morte: teatro, mostra de artesanía, xornada gastronómica, música, títeres…Vamos, o que se dí unha axenda completa.
Continue reading this article ›
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Artesanía, Eventos, Festas, Gastronomía, Ocio alternativo