Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Gastronomía

O Concello de Muxía organiza un ano máis o seu concurso de tapas. Esta terceira edición, que se celebrará os días 10, 11, 17 e 18 de Decembro pretende potenciar o turismo e a restauración local no concello.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

Un venres máis repasamos as actividades e eventos que se realizarán esta fin de semana para que vaiades planificando alternativas para o tempo libre.

En Fisterra hoxe temos dous concertos. Ás 23.30 horas o grupo Terbutalina presentará o seu novo disco “Broncodilatador” no Boulevard Lounge Fisterra. E media hora antes, na de Chus, en Sardiñeiro o Professor Turnes & Rafa Mississippi ofrecerán un concerto de blues.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

Este mes imos ter a oportunidade de comer moi ben en Vimianzo. Comeza “Vimianzo Gastronómico: Compartimos outono”, un percorrido polos sabores  da terra con suculentos pratos a prezos módicos. Seis restaurantes de Vimianzo participan nestas xornadas ofrecendo, durante as fins de semana, menús completos a 22 euros por persoa (bebida aparte). Os locais que participan son: Casa Paco (só os sábados), Casa Sabina, O Cabral, O Castillo, o Retiro de Barbolés e Restaurante Vázquez.

Continue reading this article ›

Etiquetas:

Vivimos rápido e comemos do mesmo xeito. Un café  e a traballar. Para xantar? calquera ultraconxelado listo para quentar e consumir. Volver ao traballo. E para cear? chegamos a casa esgotados e probablemente o que menos nos apeteza sexa preparar unha cea elaborada, así que podemos tirar unha socorrida hamburguesa ou pizza servida a domicilio.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

A semana pasada aprendemos algo sobre a agricultura ecolóxica, mentres que a anterior descubrimos cómo é o oficio dos percebeiros. Hoxe queremos facer o propio coa historia do agro galego, e coñecer así cómo foi o seu desenvolvemento ao longo da historia e ata chegar aos nosos días. Para iso, ofrecemos aquí un documental que leva por título ‘Fillos da terra’ e que foi emitido no programa da TVG ‘Historias de Galicia’. Dito documental aparece presentado en tres fragmentos.

Muros acolle mañá e pasado a primeira edición do Mercado Activo de Muros, que vai estar adicada ao mel e aos alimentos ecolóxicos, así como á artesanía. Algúns dos obxectivos desta iniciativa, na que participará tamén a asociación de Quilmas (Carnota) Raínha Lupa, son redescubrir a orixe das hortalizas, apostar polo cultivo de variedades autóctonas tradicionais, avogar pola conservación do medio ambiente e defender o estilo de vida dos entornos rurais.

Podedes consultar o programa completo das xornadas no seguinte documento:

1º MERCADO ACTIVO EN MUROS

Con motivo deste evento, queremos aproveitar para ofrecervos aquí un documental sobre o futuro da alimentación mundial. Este aparece fragmentado en catro partes, que podedes visionar a continuación.

Como vén sendo habitual, os xoves reservamos un espazo no noso blog para falar de gastronomía. Hoxe queremos facer unha pequena homenaxe a todos os percebeiros da Costa da Morte, que, cada vez que saen ao mar, se xogan a vida para conseguir percebes frescos para poñer no mercado. Para ilustrar o día a día destes traballadores do mar seleccionamos un documental elaborado polo portal www.camarinas.eu e unha reportaxe emitida por un magazine de Antena 3.

A continuación queremos amosarvos tamén cómo é o proceso de venda na lonxa, onde nos explican cáles son os mellores percebes e qué prezo levan no mercado.

E, finalmente, só nos falta cociñalos e servilos para disfrutar deles.

E xa só nos queda desexarvos a todos un bo proveito!

Por se algún despistado aínda non se decatou, esta fin de semana celebramos o Entroido, polo que hoxe propoñemos algunha receita máis para poñer en práctica nestas datas.

A primeira delas son as tradicionais orellas, o postre de referencia xunto coas rosquillas.

Outro postre moi interesante, pero non exclusivamente de Entroido, é o leite frito.

A nosa última proposta de hoxe son as bombas fritidas, unha especialidade típica dalgúns países sudamericanos.

Bo proveito!!!

Tan só falta unha semana para o Entroido, polo que hoxe queremos adicar esta sección ás receitas típicas desta época do ano.

Comezamos cunhas filloas, un prato económico e sinxelo que, ademais, admite múltiples variantes, xa que as podemos facer recheas de chocolate, tona, crema…

Non pode faltar tampouco unha boa ración de lacón con grelos, unha boa opción para escorrentar o frío e entrar en calor.

E rematamos o artigo de hoxe facendo unha visita a unha pastelería asturiana, na que nos contan cáles son os postres con máis éxito durante a celebración do Entroido.

Tras uns días de descanso, retomamos hoxe a nosa actividade, e facémolo con novas propostas gastronómicas, que agardamos sexan do voso agrado.

A nosa primeira suxerencia son uns sinxelos e saborosos San Xacobes, un prato económico moi ben acollido, sobre todo, polos nenos.

Como postre, tendo en conta que o Entroido xa está á volta da esquina, propoñemos unhas boas rosquillas caseiras.

Bo proveito!

A %d blogueros les gusta esto: