Category Archives: Historia
3 Xaneiro, 2012 De museos
A oferta de museos e centros de interpretación dos concellos integrados no GDR é moi variada e abarca múltiples temáticas: artesanía, natureza, ciencia, etnografía, mundo do mar…
Aquí ofrecémosvos unha pequena lista dos máis significativos, moitos deles situados en espazos naturais de gran beleza ou conxuntos arquitectónicos con historia.
Continue reading this article ›
Etiquetas: centros de interpretación, museos
- 1 comentario
- Posted under Artesanía, Galería, Historia, Monumentos, Natureza, Ocio alternativo
13 Decembro, 2011 Oito rutas para desfrutar do noso patrimonio
Non necesitamos viaxar tan lonxe para descubrir recunchos inesperados, fermosas paisaxes ou tesouros arquitectónicos. Temos a sorte de poder desfrutar dunha terra chea de contrastes, de cores, de penedos con historia e iluminada pola luz dos faros.
Continue reading this article ›
- 1 comentario
- Posted under Historia, Monumentos, Natureza, Ocio alternativo
21 Novembro, 2011 Batáns de Mosquetín: un tesouro etnográfico no Concello de Vimianzo
Os Batáns de Mosquetín constitúen un dos principais tesouros etnográficos que alberga o Concello de Vimianzo. Situados á beira do río Grande, na parroquia de Salto, esta construcción ofrécenos unha clara imaxe do funcionamento, costumes e labores de antano nun escenario natural de incomparable fermosura.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Batáns de Mosquetín, conxunto etnográfico, Vimianzo
- Deixar un comentario
- Posted under Galería, Historia, Monumentos, Natureza
9 Novembro, 2011 Galería de Mulleres: María Miramontes
Un mes máis o Concello de Muxía adica a súa galería de mulleres a unha persoeira galega. Neste caso tócalle a María Miramontes (Guisamo 1895-Bos Aires 1964), unha muller moi activa política, cultural e socialmente, membro das Irmandades da Fala e unha das defensoras do Estatuto do 36.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Concello de Muxía, Galería de Mulleres, María Miramontes
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Historia, Xénero
27 Outubro, 2011 O pintor da terra
“A materia, nas súas mans, acadou novas especies. Máscaras, re-existencias. Non é conto que Mouzo fixo falar as pedras. Hai obras súas, obras mestras, feitas con areas e mica que apañaba polos penedos de Traba e Pasarela. Recollía pigmentos, sombras, simetrías que levaba consigo. Gardaba nos petos o misterio de Gaia. Loitaba contra a velocidade falsaria que espolia o tempo. Tiña, si, o biorritmo da terra: outras inmorredoiras obras son follas de carballo e de magnolio que antes existiron como latas de aluminio. A súa foi unha ollada revolucionaria. Detectaba a alma das cousas e facíaa transmigrar aos lenzos.”
Continue reading this article ›
Etiquetas: Antón Mouzo, exposición, Vimianzo
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Historia, Monumentos, Ocio alternativo
29 Marzo, 2011 Xa está aquí a ‘Guía turística do GDR Costa da Morte’
Despois de varios meses de traballo, onte conseguimos rematar a ‘Guía turística do GDR Costa da Morte’, e hoxe poñémola xa á vosa disposición. Nela poderedes atopar a máis completa información sobre espazos naturais, monumentos, museos, restaurantes e outros aspectos relativos á Costa da Morte. Dende aquí queremos darvos as gracias a todos os que colaboráchedes con propostas e fotos. Tamén queremos convidarvos a botarlle unha ollada ao documento, xa que estamos abertos a comentarios e valoracións que nos axuden a mellorar de agora en diante.
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Aloxamentos e Restaurantes, Deportes, Eventos, Festas, Historia, Monumentos, Natureza, Ocio alternativo
28 Marzo, 2011 Manuel González González, o gran filólogo da Costa da Morte
Manuel González González (25 de outubro de 1951, Beba – Mazaricos) é catedrático de Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega. Foi, ademais, codirector do Diccionario da Real Acadamia Galega (1997) e máximo responsable do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGA). Tamén formou parte da Comisión encargada de redactar as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (2003).
- Deixar un comentario
- Posted under Historia
24 Marzo, 2011 Coñecendo a historia do agro galego
A semana pasada aprendemos algo sobre a agricultura ecolóxica, mentres que a anterior descubrimos cómo é o oficio dos percebeiros. Hoxe queremos facer o propio coa historia do agro galego, e coñecer así cómo foi o seu desenvolvemento ao longo da historia e ata chegar aos nosos días. Para iso, ofrecemos aquí un documental que leva por título ‘Fillos da terra’ e que foi emitido no programa da TVG ‘Historias de Galicia’. Dito documental aparece presentado en tres fragmentos.
- Deixar un comentario
- Posted under Gastronomía, Historia
14 Marzo, 2011 A figura de Luís Lamela García
O corcubionés Luís Lamela García é un dos historiadores e ensaístas máis sobranceiros do panorama galego. A súa obra cumio -e, por outra parte, a máis recente- é ‘Escapado’, un relato de ficción basado en feitos históricos e ambientado, entre outros lugares, no Monte Pindo e na ría de Corcubión. O protagonista desta obra, que recupera as lembranzas dos escapados durante o Franquismo, é Teófilo Caamaño (Carnota, 1912 – A Coruña, 1997), un mariñeiro e guerrilleiro antifascista español.
Cando estourou a Guerra Civil, foi obrigado a enrolarse na Lexión, circunstancia que aproveitou para cruzar o Estreito de Xibraltar e unirse á resistencia republicana. Trala derrota do bando republicano, Teófilo conseguiu fuxir a Francia, onde o sorprendeu o comezo da Segunda Guerra Mundial. Foi arrestado e retido no campo de concentración de Mauthausen, pero logrou escapar e integrarse na guerrilla para combater as forzas fascistas. Formou parte da primeira columna aliada que entrou victoriosa en París, e este feito valeulle numerosas distincións militares. Os últimos anos da súa vida transcorreron nun xeriátrico de Segovia, provincia na que trabou amizade con Amancio Prada, e alí faleceu en 1997. A escasa familia que aínda tiña en Carnota realizou unha colecta para trasladar o corpo de Teófilo á vila carnotá, onde foi soterrado.
- Deixar un comentario
- Posted under Historia
21 Febreiro, 2011 A Costa da Morte na Idade Contemporánea
En 1809, as tropas de Napoleón Bonaparte arriban na ría de Cee e Corcubión para esixir aos seus habitantes un importante botín. A poboación organizouse, dirixida polos párrocos de Muxía e do Ézaro, para combater aos invasores. O enfrontamento saldouse coa morte de centos de civís e co fusilamento dos párrocos de Toba, Colúns e Mazaricos. Xa no século XX, a Guerra Civil e maila posterior ditadura franquista déixanse sentir con especial crueza no noso territorio.
- Deixar un comentario
- Posted under Historia