Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Monumentos

A oferta de museos e centros de interpretación dos concellos integrados no GDR é moi variada e abarca múltiples temáticas: artesanía, natureza, ciencia, etnografía, mundo do mar…

Aquí ofrecémosvos unha pequena lista dos máis significativos, moitos deles situados en espazos naturais de gran beleza ou conxuntos arquitectónicos con historia.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

Non necesitamos viaxar tan lonxe para descubrir recunchos inesperados, fermosas paisaxes ou tesouros arquitectónicos. Temos a sorte de poder desfrutar dunha terra chea de contrastes, de cores, de penedos con historia e iluminada pola luz dos faros.

Continue reading this article ›

Estes días de mal tempo botan por terra calquera plan ao aire libre. Sen embargo, é unha oportunidade única para visitar a fervenza de o Ézaro, no Concello de Dumbría. Coas intensas chuvias temos a oportunidade de desfrutar da fervenza en toda a súa magnitude.

Continue reading this article ›

Etiquetas:

Os Batáns de Mosquetín constitúen un dos principais tesouros etnográficos que alberga o Concello de Vimianzo. Situados á beira do río Grande, na parroquia de Salto,  esta construcción ofrécenos unha clara imaxe do funcionamento, costumes e labores de antano nun escenario natural de incomparable fermosura.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

“A materia, nas súas mans, acadou novas especies. Máscaras, re-existencias. Non é conto que Mouzo fixo falar as pedras. Hai obras súas, obras mestras, feitas con areas e mica que apañaba polos penedos de Traba e Pasarela. Recollía pigmentos, sombras, simetrías que levaba consigo. Gardaba nos petos o misterio de Gaia. Loitaba contra a velocidade falsaria que espolia o tempo. Tiña, si, o biorritmo da terra: outras inmorredoiras obras son follas de carballo e de magnolio que antes existiron como latas de aluminio. A súa foi unha ollada revolucionaria. Detectaba a alma das cousas e facíaa transmigrar aos lenzos.”

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

A igrexa de Santa María das Areas (Fisterra) é coñecida pola súa imaxe do Santo Cristo de Fisterra, que está rodeado de numerosas lendas e moito misterio.

O seguinte enlace amosa cómo é a igrexa de Santa María das Areas:

Despois de varios meses de traballo, onte conseguimos rematar a ‘Guía turística do GDR Costa da Morte’, e hoxe poñémola xa á vosa disposición. Nela poderedes atopar a máis completa información sobre espazos naturais, monumentos, museos, restaurantes e outros aspectos relativos á Costa da Morte. Dende aquí queremos darvos as gracias a todos os que colaboráchedes con propostas e fotos. Tamén queremos convidarvos a botarlle unha ollada ao documento, xa que estamos abertos a comentarios e valoracións que nos axuden a mellorar de agora en diante.

‘Guía turística do GDR Costa da Morte’

O máis sobranceiro do concello de Zas son as Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galicia. Foi construído polo fidalgo Gómez de Rioboo Vilardefrancos durante a primeira metade do século XVI –polo tanto, de estilo renacentista-. O edifico consta de dúas torres e un longo corpo central que as une. O máis interesante dende o punto de vista arquitectónico son as propias torres –adornadas con elementos góticos- e mailos escudos –neles están representados os símbolos das familias Rioboo (torre envolta en silvas), Caamaño (piñeiro e lanzas), Seixas (cinco pombas), Losada (dous lagartos baixo unha lousa) e Figueroa (cinco follas de figueira)-. Na actualidade, o pazo foi reconvertido en museo e está tutelado pola Deputación de A Coruña.

O seguinte vídeo amosa a sobriedade deste pazo zasense:

O Pazo de Trasariz (Vimianzo) é un dos máis impoñentes de toda a Costa da Morte polas súas dimensións e polo seu bo estado de conservación. A súa construción, xunto coa da capela anexa, atribúeselle ao alcaide (encargado da administración e mantemento dun castelo ou fortaleza) da Casa de Altamira na segunda metade do século XVII: Antonio de Caamaño y Quintana. Durante o século XIX pertenceu ás familias Ardeleiros e Teixeiro, e en 1880 pasou a mans de Andrés Paz Fernández.

Boa parte do seu atractivo radica no feito de que conxuga elementos de moi distintas épocas: inspiración claustral propia do Renacemento tardío, capiteles neoxónicos e neodóricos, palmeiras que lembran o “gusto indiano” típico dos emigrantes decimonónicos…

Malia que estamos a falar dunha propiedade privada, é moi recomendable achegarse á entrada e contemplar os seus exteriores.

A igrexa de San Xulián de Moraime é un templo medieval do século XII situado na parroquia de Moraime, que pertence ao concello de Muxía. Antigamente formaba parte dun mosteiro. Malia que este foi fundado no século XI, o edificio actual data do século XII, e foi construído grazas á aportación do rei Afonso VII de Castela, quen favoreceu a Moraime en agradecemento polos servizos que o abade Hodorio e os seus antecesores lle prestaran mentres estivo refuxiado neste mosteiro, cando as loitas entre os seus partidarios e os da súa nai Dona Urraca.

A decadencia do mosteiro comezou no século XIV, por mor dos constantes saqueos por parte da pequena nobreza rural.

Ata 1489 dependeu do mosteiro de San Martiño Pinario. Nese ano, por orde dos Reis Católicos, pasou a mans do Real Mosteiro de San Bieito de Valladolid.

O seguinte vídeo amosa os exteriores da igrexa e mailos restos do mosteiro.

Ademais, aproveitamos a ocasión para ampliar os nosos coñecementos en materia de historia a través do seguinte vídeo, que repasa cómo era o día a día nun mosteiro medieval.

A %d blogueros les gusta esto: