Category Archives: Natureza
3 Abril, 2012 “Víndemo Ver”: I Mostra de Promoción Local de Carnota
O Concello de Carnota organizou para esta Semana Santa a I Mostra de Promoción Local. De xoves a domingo, todas aquelas persoas que se acheguen a Carnota poderán participar nas diversas actividades programadas. Hai de todo e para todos os gustos, dende actividades deportivas como rutas en bicicleta BTT pola senda verde, actividades náuticas e sendeirismo polo Monte Pindo ata mostras de artesanía e productos agrícolas e gandeiros, video-forums, concertos…
Para máis información podedes chamar ao número de teléfono 981 857 032.
Etiquetas: agricultura, Artesanía, Carnota, gandaría, Mostra, Promoción Local
26 Marzo, 2012 IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá do 21 ao 23 de xuño o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica.
Continue reading this article ›
Etiquetas: agricultura ecolóxica, Agroeconoxía, Congreso, feminismo, Soberanía alimentaria, sustentabilidade
7 Marzo, 2012 ADEGA organiza a I Feira de Productos Naturais e Artesáns na Eira da Xoana
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizou para o vindeiro domingo, 18 de marzo, a I Feira de productos naturais e artesáns na Eira da Xoana, que se celebrará en Ramil (Agolada) na provincia de Pontevedra.
Continue reading this article ›
Etiquetas: A Cova da Terra, ADEGA, Eira da Xoana, feira, Panxea, Rainha Lupa, Soberanía alimentaria
6 Marzo, 2012 IV Encontro da Rede Galega de Sementes
O vindeiro sábado, 17 de marzo, a partires das 11.00 horas comezará o IV Encontro da Rede Galega de Sementes na Praza 8 de Marzo (A Porta do Camiño) en Santiago de Compostela.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Encontro, intercambio sementes, Rede Galega de Sementes
5 Marzo, 2012 IV Campionato de Pesca de Camariñas
Este sábado, 10 de marzo, o Concello de Camariñas celebra o IV Campionato de Pesca. Os premios son unha das grandes atraccións do evento: a persoa gañadora recibirá 700 euros; o segundo premio consiste nunha caña de pesca AWA-SHIMA valorada en 650 euros; o terceiro e cuarto posto serán recompensados con 350 e 150 euros respectivamente e para rematar, o 5º, 6º e 7º premio son dous reloxos e un carrete de pesca.
Tamén haberá un premio especial de 200 euros á maior captura e outro para o primeiro clasificado do Concello de Camariñas, que recibirá un equipo completo de pesca.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse no blogue da Asociación de Empresarios. A cota de inscripción será de 50 euros e inclúe a a licencia federativa para todo o ano 2012, churrascada para o xantar e cea ao remate.
Para máis información podedes chamar aos números 677 351 799 ou 981 736 327.O correo electrónico é asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
Etiquetas: Camariñas, Campionato de Pesca
9 Febreiro, 2012 Unha guía imprescindible para o fomento do emprego verde nos pequenos municipios
A Federación Española de Municipios e Provincias ven de publicar un manual sobre emprego verde, que sen lugar a dúbidas constitúe un manual imprescindible para todas aquelas persoas emprendedoras que buscan alternativas de negocio e novos xacementos de emprego.
Continue reading this article ›
Etiquetas: economía verde, emprego verde, FEMP
7 Febreiro, 2012 O porco celta: “quintaesencia da nosa terra”
Rosa Quintana, conselleira do Medio Rural e do Mar gababa o pasado domingo no IV Cocido do Porco Celta de Sarria a calidade e potencialidades da única raza de porco galego. A conselleira calificou esta raza como ” a quintaesencia da nosa terra” e ” motor da economía do fogar” que “representa na industria un referente de potencialidade económica”.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Amigos do Porco Celta Costa da Morte, ASOPROCEL, porco celta
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Local, Festas, Natureza
2 Febreiro, 2012 Medio Rural e Mar destina 200 millóns de euros ao apoio de prácticas sostibles
A Consellería do Medio Rural e Mar facía público no DOG do pasado 31 de Xaneiro a orde pola que se regulan as axudas directas a prácticas sostibles no medio rural. Espérase que arredor de 40.000 persoas se poidan beneficiar destes fondos destinados a apoiar prácticas sostibles en agricultura, gandaría e desenvolvemento rural na nosa comunidade.
Continue reading this article ›
Etiquetas: agricultura, axudas a prácticas sostibles, FEADER, FEAGA, FOGGA, gandaría
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural, Ecoloxía, Natureza
17 Xaneiro, 2012 Xornadas de Fruticultura no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa
O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa organiza para os vindeiros días 19, 20 e 21 de Xaneiro unhas xornadas sobre fruticultura que se celebrarán na Escola Agraria Fonteboa de Coristanco.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, Coristanco, fruticultura, Xornada
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural, Ecoloxía, Natureza
16 Xaneiro, 2012 Aberto o prazo de presentación de solicitudes para as axudas á silvicultura
A Consellería do Medio Rural ven de publicar no DOG as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en montes do medio rural. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindiero 6 de febreiro.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Axudas, Consellería do Medio Rural, Silvicultura
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural, Ecoloxía, LEADER, Natureza