Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Category Archives: Natureza

Hoxe en día resulta innegable a influencia das redes sociais e internet nas nosas vidas. Esa influencia tamén se estende ao turismo. O modelo tradicional deixou paso a un novo “viaxeiro 2.0”, aquel que emprega os medios electrónicos para coñecer máis en profundidade os destinos, ofertas turísticas e prezos axustados ao seu presuposto.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , , , , , , ,

Son numerosos os artigos  que recollen unha nova modalidade de turismo que comeza a despuntar: o astroturismo. Moitos emprendedores están apostando pola astronomía como un atractivo engadido para o turismo rural, xa que nas zonas con menos densidade poboacional, a ausencia de contaminación lumínica permite unha mellor observación das estrelas.

Continue reading this article ›

Etiquetas:

A oferta de museos e centros de interpretación dos concellos integrados no GDR é moi variada e abarca múltiples temáticas: artesanía, natureza, ciencia, etnografía, mundo do mar…

Aquí ofrecémosvos unha pequena lista dos máis significativos, moitos deles situados en espazos naturais de gran beleza ou conxuntos arquitectónicos con historia.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

Non imos ter tempo de aburrirnos coa de actividades que teñen organizado os concellos do GDR Costa da Morte para estes días de Nadal. Aquí vos vai un resumo dalgunhas citas destacables para pasalo ben sós ou en familia.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, atópase en plena promoción de “Camiño de Sabores”, que pretende vincular o turismo á producción agroalimentaria.

Estes camiños de sabor permiten coñecer o proceso productivo agropecuario e degustar a cociña local. Para iso, dende a propia páxina web do proxecto, podedes acceder a toda unha serie de recursos en liña que vos axudarán a coñecer un pouco máis a fondo os tesouros gastronómicos de Galicia: rutas, receitas, productores, tendas…

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

Non necesitamos viaxar tan lonxe para descubrir recunchos inesperados, fermosas paisaxes ou tesouros arquitectónicos. Temos a sorte de poder desfrutar dunha terra chea de contrastes, de cores, de penedos con historia e iluminada pola luz dos faros.

Continue reading this article ›

A pesares de que o tempo non acompañe hoxe, queremos facervos unha proposta alternativa para o desfrute do tempo libre: deportes de aventura. E os concellos que conforman o GDR ofrecen un escenario natural perfecto para o desfrute deste tipo de actividades. Estas soen contratarse a través de paquetes turísticos que ofertan algunhas empresas especializadas.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

Estes días de mal tempo botan por terra calquera plan ao aire libre. Sen embargo, é unha oportunidade única para visitar a fervenza de o Ézaro, no Concello de Dumbría. Coas intensas chuvias temos a oportunidade de desfrutar da fervenza en toda a súa magnitude.

Continue reading this article ›

Etiquetas:

Os Batáns de Mosquetín constitúen un dos principais tesouros etnográficos que alberga o Concello de Vimianzo. Situados á beira do río Grande, na parroquia de Salto,  esta construcción ofrécenos unha clara imaxe do funcionamento, costumes e labores de antano nun escenario natural de incomparable fermosura.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

Imos propoñervos un pequeno exercicio. Só vos vai levar uns segundos. O primeiro que debemos facer é  poñernos cómodos. Agora imos pechar os ollos e tentar imaxinar calquera paisaxe ou escena da vida cotiá que nos guste especialmente: unha posta de sol, un paseo pola praia, a feira dos xoves, a praza de abastos…calquera cousa. Comprobaremos chegados a este punto que temos unha gran variedade de imaxes  para esta escena imaxinada. Sen embargo, probablemente o catálogo de sons vai a ser moito máis reducido.

Continue reading this article ›

Etiquetas: ,

A %d blogueros les gusta esto: