Category Archives: Ocio alternativo
3 Abril, 2012 “Víndemo Ver”: I Mostra de Promoción Local de Carnota
O Concello de Carnota organizou para esta Semana Santa a I Mostra de Promoción Local. De xoves a domingo, todas aquelas persoas que se acheguen a Carnota poderán participar nas diversas actividades programadas. Hai de todo e para todos os gustos, dende actividades deportivas como rutas en bicicleta BTT pola senda verde, actividades náuticas e sendeirismo polo Monte Pindo ata mostras de artesanía e productos agrícolas e gandeiros, video-forums, concertos…
Para máis información podedes chamar ao número de teléfono 981 857 032.
Etiquetas: agricultura, Artesanía, Carnota, gandaría, Mostra, Promoción Local
7 Marzo, 2012 ADEGA organiza a I Feira de Productos Naturais e Artesáns na Eira da Xoana
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizou para o vindeiro domingo, 18 de marzo, a I Feira de productos naturais e artesáns na Eira da Xoana, que se celebrará en Ramil (Agolada) na provincia de Pontevedra.
Continue reading this article ›
Etiquetas: A Cova da Terra, ADEGA, Eira da Xoana, feira, Panxea, Rainha Lupa, Soberanía alimentaria
5 Marzo, 2012 IV Campionato de Pesca de Camariñas
Este sábado, 10 de marzo, o Concello de Camariñas celebra o IV Campionato de Pesca. Os premios son unha das grandes atraccións do evento: a persoa gañadora recibirá 700 euros; o segundo premio consiste nunha caña de pesca AWA-SHIMA valorada en 650 euros; o terceiro e cuarto posto serán recompensados con 350 e 150 euros respectivamente e para rematar, o 5º, 6º e 7º premio son dous reloxos e un carrete de pesca.
Tamén haberá un premio especial de 200 euros á maior captura e outro para o primeiro clasificado do Concello de Camariñas, que recibirá un equipo completo de pesca.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse no blogue da Asociación de Empresarios. A cota de inscripción será de 50 euros e inclúe a a licencia federativa para todo o ano 2012, churrascada para o xantar e cea ao remate.
Para máis información podedes chamar aos números 677 351 799 ou 981 736 327.O correo electrónico é asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
Etiquetas: Camariñas, Campionato de Pesca
10 Xaneiro, 2012 O viaxeiro 2.0: o turismo nas redes sociais
Hoxe en día resulta innegable a influencia das redes sociais e internet nas nosas vidas. Esa influencia tamén se estende ao turismo. O modelo tradicional deixou paso a un novo “viaxeiro 2.0”, aquel que emprega os medios electrónicos para coñecer máis en profundidade os destinos, ofertas turísticas e prezos axustados ao seu presuposto.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Easy Travel Connection, recunchos da costa, redes sociais, Rincones del Mundo, ruraloo, stabri, Turismo, viaxeiro 2.0
- 1 comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural, LEADER, Natureza, Ocio alternativo
9 Xaneiro, 2012 O turismo das estrelas
Son numerosos os artigos que recollen unha nova modalidade de turismo que comeza a despuntar: o astroturismo. Moitos emprendedores están apostando pola astronomía como un atractivo engadido para o turismo rural, xa que nas zonas con menos densidade poboacional, a ausencia de contaminación lumínica permite unha mellor observación das estrelas.
Continue reading this article ›
Etiquetas: astroturismo
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural, Natureza, Ocio alternativo
3 Xaneiro, 2012 De museos
A oferta de museos e centros de interpretación dos concellos integrados no GDR é moi variada e abarca múltiples temáticas: artesanía, natureza, ciencia, etnografía, mundo do mar…
Aquí ofrecémosvos unha pequena lista dos máis significativos, moitos deles situados en espazos naturais de gran beleza ou conxuntos arquitectónicos con historia.
Continue reading this article ›
Etiquetas: centros de interpretación, museos
- 1 comentario
- Posted under Artesanía, Galería, Historia, Monumentos, Natureza, Ocio alternativo
23 Decembro, 2011 Actividades para desfrutar no Nadal
Non imos ter tempo de aburrirnos coa de actividades que teñen organizado os concellos do GDR Costa da Morte para estes días de Nadal. Aquí vos vai un resumo dalgunhas citas destacables para pasalo ben sós ou en familia.
Continue reading this article ›
Etiquetas: actividades, Nadal 2011
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Deportes, Eventos, Festas, Natureza, Ocio alternativo
13 Decembro, 2011 Oito rutas para desfrutar do noso patrimonio
Non necesitamos viaxar tan lonxe para descubrir recunchos inesperados, fermosas paisaxes ou tesouros arquitectónicos. Temos a sorte de poder desfrutar dunha terra chea de contrastes, de cores, de penedos con historia e iluminada pola luz dos faros.
Continue reading this article ›
- 1 comentario
- Posted under Historia, Monumentos, Natureza, Ocio alternativo
9 Decembro, 2011 Axenda da fin de semana
Esta fin de semana temos unha gran variedade de actividades nos concellos integrados no GDR Costa da Morte: teatro, mostra de artesanía, xornada gastronómica, música, títeres…Vamos, o que se dí unha axenda completa.
Continue reading this article ›
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Artesanía, Eventos, Festas, Gastronomía, Ocio alternativo
2 Decembro, 2011 Axenda da fin de semana
Esta fin de semana imos poder desfrutar de numerosas actividades culturais que nos ofrecen os concellos do GDR. Hoxe a partires das 20.30 horas proxectarase na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo o filme “Finisterre” do director Xavier Villaverde, que para a súa realización contou co asesoramento artístico e aportacións de cadros e esculturas do artista vimiancés Antón Mouzo, ao que se lle ven rendindo homenaxe cunha exposición-que permanecerá aberta ata mediados de mes- na Casa da Cultura. Para completar a oferta cultural do concello, o domingo ás 18.30h terá lugar tamén no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo “Dous pallasos en apuros” . Fran Rei e Pedro Brandariz dan vida neste show a unha gran variedade de persoaxes aloucados, que pretenden conectar co público a través dun humor que é unha homenaxe aos números clásicos dos pallasos de circo. A entrada e de balde.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Anxolíticos Band, Aulas na Costa da Morte, Axenda cultural, dous pallasos en apuros, Finisterre filme, Mostra Artesanía Fisterra, Professor Turnes & Rafa Mississippi
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Festas, Ocio alternativo