Category Archives: Soberanía Alimentaria
26 Marzo, 2012 IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá do 21 ao 23 de xuño o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica.
Continue reading this article ›
Etiquetas: agricultura ecolóxica, Agroeconoxía, Congreso, feminismo, Soberanía alimentaria, sustentabilidade
16 Marzo, 2012 III Xornada de Fruticultura Atlántica: oportunidades e retos
O vindeiro mércores, 28 de marzo, celebrarase no territorio do GDR EuroEume -concello de San Sadurniño-a III Xornada de Fruticultura Atlántica: oportunidades e retos .
Esta xornada enmárcase dentro do proxecto de cooperación interterritorial “Nuevos Horizontes”, ao que está adherido o GDR Costa da Morte. O evento está dirixido a productores agrarios, propietarios e propietarias de terras, persoas interesadas en incorporarse á actividade agraria, alumnado de ciclos formativos da rama agraria, persoas demandantes de emprego, persoal técnico dos GDRs e de Oficinas Agrarias Comarcais, así como outras persoas interesadas na fruticultura.
16 Marzo, 2012 Vídeo-Soberanía alimentaria: conclusións do I Cumio Europeo
Continue reading this article ›
Etiquetas: Cumio Europeo Soberanía alimentaria, Soberanía alimentaria, Vía Campesina
6 Marzo, 2012 IV Encontro da Rede Galega de Sementes
O vindeiro sábado, 17 de marzo, a partires das 11.00 horas comezará o IV Encontro da Rede Galega de Sementes na Praza 8 de Marzo (A Porta do Camiño) en Santiago de Compostela.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Encontro, intercambio sementes, Rede Galega de Sementes
2 Xaneiro, 2012 O GDR Costa da Morte entrega 180 quilos de trigo á Cooperativa Rainha Lupa
A asociación Costa da Morte GDR entregou 180 quilos de trigo á Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas (Carnota). Esta acción inclúese dentro do acordo de colaboración asinado polas dúas entidades o pasado 19 de decembro, que se enmarca dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes” do que é socio o GDR.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", Acordo de colaboración, Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural, LEADER, Soberanía Alimentaria
18 Outubro, 2011 Se falamos de desenvolvemento: Soberanía e seguridade alimentaria
“Esta civilización non deixa durmir ás flores, nin ás galiñas, nin á xente. Nos invernadoiros, as flores están sometidas a luz continua, para que medren máis rápido. Nas fábricas de ovos, as galiñas tamén teñen prohibida a noite. E a xente está condenada ao insomnio, pola ansiedade de comprar e a angustia de pagar. Triunfa o lixo disfrazado de comida: esta industria está conquistando os padales do mundo e está facendo anacos as tradicións da cociña local. […] Os avogados dos transxénicos afirman que non está probado que prexudiquen a saúde humana. En todo caso, tampouco está probado que non a prexudiquen. E se tan inofensivos son, por que os fabricantes de soia tranxénica se negan a aclarar nos envases que venden o que venden? A etiqueta de soia transxénica non sería a mellor publicidade? Sí que hai evidencias de que estas invencións do doutor Frankenstein danan a saúde do solo e reducen a soberanía nacional. Exportamos soia ou exportamos solo? Quedamos atrapados nas gaiolas de Monsanto e outras grandes empresas de cuxas sementes, herbicidas e praguicidas pasamos a depender? Terras que producían de todo para o mercado local agora conságranse a un só produto para a demanda estranxeira. Desenvólvome cara afora e do de dentro esquézome.”
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", agricultura ecolóxica, Seguridade alimentaria, Soberanía alimentaria
- Deixar un comentario
- Posted under Desenvolvemento Rural, Natureza, Soberanía Alimentaria