Category Archives: Uncategorized
3 Febreiro, 2012 Presentación do libro “Ruta a pé pola Costa da Morte”
O vindeiro martes, día 7, ás 19.00 horas terá lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota a presentación do libro Ruta a pé pola Costa da Morte. A obra recolle a ruta que vai dende Malpica ata Muros, bordeando a pé todo o litoral da Costa da Morte.
Ao acto asistirán os alcaldes de Dumbría, José Manuel Pequeño; Carnota, Ramón Noceda; e a alcaldesa de Muros, Caridad González. Tamén estarán apoiando o acto o presidente da Asociación Neria, Ramón Vigo, un técnico da mesma asociación e Xan García Pouso.
- Deixar un comentario
- Posted under Eventos, Uncategorized
20 Xaneiro, 2012 Exposición fotográfica “Comarca Natural de Bergantiños”
Os nosos compañeiros do GDR Bergantiños teñen organizado para o vindeiro xoves 26, no Pazo da Cultura de Carballo, a inauguración dunha exposición fotográfica que recolle as fotografías galardoadas e participantes na edición 2011 do I Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”, organizado pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños.
A mostra estará aberta ao público ata o 26 de febreiro de 2012. O horario de apertura da sala de exposicións será de 18:00h a 21:00h de luns a domingo e a entrada é de balde.
Por motivos de aforo e organización, rógase confirmar asistencia ao acto de inauguración enviando un correo electrónico a info@adbergantinos.org antes do luns, 23 de xaneiro de 2012, ás 12:00h .
Etiquetas: Concurso Fotográfico, Exposición fotográfica, GDR Bergantiños
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Galería, Uncategorized
19 Xaneiro, 2012 Publícase o novo Boletín Informativo do proxecto Nuevos Horizontes
Xa podedes descargar o novo número do boletín informativo do proxecto de Cooperación Interterritorial Nuevos Horizontes.
Este mes, a publicación recolle a recente adhesión do GDR Costa da Morte a este proxecto, que ten como principal finalidade impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas produccións demandadas polos mercados.
Continue reading this article ›
- Deixar un comentario
- Posted under Uncategorized
25 Outubro, 2011 Coñecendo a costa: Turismo Mariñeiro
Visitar Galicia implica visitar o seu mar e coñecer a rica e vasta cultura mariñeira que forma parte indivisible do noso pasado, presente e futuro. Por iso, o turismo mariñeiro é unha boa proposta para achegarse e coñecer un pouco máis en profundidade as ricas tradicións, gastronomía, embarcacións, e, en definitiva, costumes que marcan as vidas das xentes da costa.
Continue reading this article ›
Etiquetas: turismo alternativo, turismo mariñeiro
- Deixar un comentario
- Posted under Natureza, Ocio alternativo, Uncategorized
26 Xaneiro, 2011 Xa chegamos ás 1.000 visitas! Gracias a tod@s por estar aí!
Hoxe é un día moi especial para nós, porque xa conseguimos chegar ás 1.000 visitas!!! Foi o pasado 7 de outubro cando este proxecto botou a andar, e en pouco máis de 3 meses xa conseguimos alcanzar esta fermosa cifra. O balance é dificilmente inmellorable, e dende aquí queremos agradecer a vosa participación, porque sen vós isto non sería posible. Gracias a tod@s por estar aí!
- Deixar un comentario
- Posted under Uncategorized
1 Decembro, 2010 A artesanía na Costa da Morte: a olería
A olería é, xunto co palillo e co liño, unha das mostras máis representativas da artesanía da Costa da Morte. O mellor exemplo atópase en Buño, no concello de Malpica. Alí podemos atopar auténticas obras de arte que gozan dun enorme prestixio dentro e fóra de Galicia. No portal www.concellomalpica.com/oleria podemos atopar información pormenorizada sobre esta actividade artesanal. Ademais, no seguinte vídeo podemos apreciar o fascinante que resulta modelar con barro figuras de todo tipo.
- Deixar un comentario
- Posted under Uncategorized
17 Novembro, 2010 A artesanía na Costa da Morte: o mundo do palillo
Velaquí vos deixamos un vídeo sobre a vixésima edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, de interese turístico nacional. Impresionante o bo facer das palilleiras da Costa da Morte en xeral e das de Camariñas en particular!
- Deixar un comentario
- Posted under Uncategorized
3 Novembro, 2010 A artesanía na Costa da Morte: o liño
A artesanía é un dos grandes valores da Costa da Morte, onde triunfan o palillo (Camariñas e Vimianzo, fundamentalmente), a cerámica (Buño), o liño (Zas) e maila confeción de sombreiros de palla (Mazaricos). A nosa primeira parada será no mundo do liño, unha materia prima moi apreciada pola súa elegancia.
En Zas, a asociación Amigos do Liño está a desenvolver dende hai uns anos unha notable labor de recuperación e dignificación do liño. Para conseguir o seu obxectivo, organizan exposicións periodicamente, puxeron en marcha o Museo do Liño e, unha vez ao ano, celebran unha comida tradicional semellante á que se facía durante as antigas fíadas, a base de migas, bacallau e papas de arroz.
E velaquí tedes algunha mostra do que se pode facer con liño…
- Deixar un comentario
- Posted under Uncategorized