5 Marzo, 2012 IV Campionato de Pesca de Camariñas
Este sábado, 10 de marzo, o Concello de Camariñas celebra o IV Campionato de Pesca. Os premios son unha das grandes atraccións do evento: a persoa gañadora recibirá 700 euros; o segundo premio consiste nunha caña de pesca AWA-SHIMA valorada en 650 euros; o terceiro e cuarto posto serán recompensados con 350 e 150 euros respectivamente e para rematar, o 5º, 6º e 7º premio son dous reloxos e un carrete de pesca.
Tamén haberá un premio especial de 200 euros á maior captura e outro para o primeiro clasificado do Concello de Camariñas, que recibirá un equipo completo de pesca.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse no blogue da Asociación de Empresarios. A cota de inscripción será de 50 euros e inclúe a a licencia federativa para todo o ano 2012, churrascada para o xantar e cea ao remate.
Para máis información podedes chamar aos números 677 351 799 ou 981 736 327.O correo electrónico é asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
Etiquetas: Camariñas, Campionato de Pesca
27 Febreiro, 2012 Axudas para actividades de promoción de productos agroalimentarios de calidade diferenciada
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado venres, 24 de febreiro, a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de productores e productoras para a realización de actividades de promoción e información de productos agroalimentarios de calidade diferenciada.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Axudas, calidade diferenciada, productos agroalimentarios, subvencións
24 Febreiro, 2012 Gastronomía para combater a estacionalidade turística
Este domingo comeza o Fórum Gastronómico Santiago 2012 na capital galega. Vimos comentando xa dende este blogue a importancia deste evento en particular e da valorización e aproveitamento da riqueza gastronómica da Costa da Morte como atractivo turístico en xeral.
Continue reading this article ›
Etiquetas: estacionalidade turística, estacionalidade turística, foro gastronómico Santiago 2012, Gastronomía
22 Febreiro, 2012 Unha cita co mellor da nosa gastronomía
Profesionais da gastronomía, empresas do sector agroalimentario e larpeiros e larpeiras en xeral teñen os vindeiros días 26, 27 e 28 de febreiro unha cita inescusable no Fórum Gastronómico Santiago 2012, que se celebrará no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Fórum Gastronómico Santiago 2012
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Gastronomía
20 Febreiro, 2012 BioCultura 2012: a cita anual coa producción ecolóxica
Entre os días 2 e 4 de marzo celebrarase en Valencia BioCultura, a feira de productos ecolóxicos máis importantes do estado español, que volve este ano coa súa terceira edición.
Continue reading this article ›
Etiquetas: BioCultura 2012, feira, producción ecolóxica, Valencia
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Artesanía, Ecoloxía
16 Febreiro, 2012 O GDR Costa da Morte fai entrega de 175 quilos de pataca fina de Carballo a dous productores locais cos que asina un acordo de colaboración
O presidente da Asociación Costa da Morte GDR, Manuel Muíño Espasandín e dous productores locais asinaron hoxe un acordo de colaboración enmarcado dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”. Coa firma do convenio entregáronse 175 quilos de pataca fina de Carballo: 50 quilos a María Luisa Mata Rial, de Zas e 125 quilos a José Manuel Maneiro Alvite, de Mazaricos.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", pataca fina de Carballo
14 Febreiro, 2012 Unha nova normativa da Xunta pretende aumentar o recoñecemento do papel das mulleres no rural
A Xunta está a impulsar unha reforma normativa que pretende aumentar o recoñecemento das mulleres no rural galego. A Consellería do Medio Rural e do Mar está a tramitar un Decreto para regular o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Este Decreto ten como obxectivo avanzar no recoñecemento xurídico e económico efectivo das mulleres no rural, en relación coa titularidade das explotacións agrarias, facendo posible a aplicación efectiva na nosa Comunidade da Lei estatal de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias do 4 de outubro de 2011.
Continue reading this article ›
Etiquetas: do 4 de outubro, Lei 35/2011, Medio Rural, Mulleres rurais, Titularidade compartida
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Local, Desenvolvemento Rural, Xénero
13 Febreiro, 2012 Novos requisitos para o rexistro de maquinaria agrícola
O Consello de Ministros aprobou o pasado venres un Real Decreto que modifica a normativa vixente de caracterización e rexistro da maquinaria agrícola. Deste xeito pretenden actualizar a potencia de inscrición dos tractores e facilitar a creación dun censo de equipos de tratamento e fertilizadoras.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Real Decreto, Rexistro Maquinaria Agrícola, ROMA
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural
10 Febreiro, 2012 A REDR organiza un curso introductorio á Cooperación Internacional ao Desenvolvemento
A Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) organiza o curso ‘Introdución á cooperación internacional ao desenvolvemento’, que terá lugar o próximo 8 de marzo.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Cooperación Internacional, Curso, Desenvolvemento, REDR
9 Febreiro, 2012 Unha guía imprescindible para o fomento do emprego verde nos pequenos municipios
A Federación Española de Municipios e Provincias ven de publicar un manual sobre emprego verde, que sen lugar a dúbidas constitúe un manual imprescindible para todas aquelas persoas emprendedoras que buscan alternativas de negocio e novos xacementos de emprego.
Continue reading this article ›
Etiquetas: economía verde, emprego verde, FEMP