Proxectos GDR Costa da Morte
BALANCE DOS 10 PRIMEIROS MESES DO ANO 2010
O ano no que nos atopamos está a piques de rematar, polo que se presenta como un bo momento para facer balance dos proxectos presentados no GDR Costa da Morte. A continuación podedes botarlle unha ollada ás notas de prensa remitidas aos medios de comunicación nos últimos días, que recollen os proxectos aprobados pola Xunta Directiva en data recente:
NOTA DE PRENSA Balance proxectos postos en marcha
NOTA DE PRENSA Xunta Directiva 25 Outubro
Asemade, no seguinte enlace (www.gdrcostadamorte.com/proyectos.php) podedes consultar os nosos proxectos segundo o seu estado de tramitación e segundo o concello beneficiario. Na web tamén podedes consultar os requisitos para solicitar unha subvención, a documentación necesaria, os pasos a seguir e outras cuestións relativas ao noso funcionamento.
O ANO 2010 REMATA CUN TOTAL DE 39 PROXECTOS
A falta de tan só un día para que o ano 2010 sexa xa historia e dea comezo o seu sucesor, no GDR Costa da Morte queremos aproveitar a ocasión para repasar cómo nos foi durante os últimos 365 días. Neste tempo, foron 39 os proxectos presentados polos promotores, dos cales 14 xa foron aprobados, outros 14 están á espera da verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e os once restantes están pendentes de completar toda a documentación precisa.
Deixar unha resposta