Reportaxes
HOMENAXE AO FÚTBOL SALA FEMININO DA COSTA DA MORTE
A nosa primeira reportaxe pretende ser unha homenaxe ao Fisober FSF, polos bos resultados que están a colleitar e, especialmente, pola gran labor que realizan a prol da integración en condicións de igualdade de todas as mulleres.
O Fisober comezou a súa andadura na campaña 2004/2005 da man de Andrés Eirís e Fran Toba. O seu nome é unha fórmula que abrangue todos os concellos de procedencia das distintas xogadoras: Fisterra, Soneira e Bergantiños. Na actualidade, a familia do Fisober conta con dous equipos: un en categoría Autonómica e outro en Provincial. As primeiras son novenas, con tres vitorias, un empate e catro derrotas en oito partidos. As segundas son sextas, con catro vitorias e dúas derrotas nas seis xornadas disputadas ata o momento.
Ademais, as rapazas do Fisober teñen nas súas vitrinas unha Copa, conquistada a pasada tempada.
Os seguintes vídeos son obra de Andrea Sendón, unha das xogadoras do plantel.
Permalink #
Ana Mouzo
said
Genial este homenaxe, encantoume 😀 GRACIAS!!