Tag Archives: Artesanía
3 Abril, 2012 “Víndemo Ver”: I Mostra de Promoción Local de Carnota
O Concello de Carnota organizou para esta Semana Santa a I Mostra de Promoción Local. De xoves a domingo, todas aquelas persoas que se acheguen a Carnota poderán participar nas diversas actividades programadas. Hai de todo e para todos os gustos, dende actividades deportivas como rutas en bicicleta BTT pola senda verde, actividades náuticas e sendeirismo polo Monte Pindo ata mostras de artesanía e productos agrícolas e gandeiros, video-forums, concertos…
Para máis información podedes chamar ao número de teléfono 981 857 032.
Etiquetas: agricultura, Artesanía, Carnota, gandaría, Mostra, Promoción Local