Tag Archives: Camariñas
5 Marzo, 2012 IV Campionato de Pesca de Camariñas
Este sábado, 10 de marzo, o Concello de Camariñas celebra o IV Campionato de Pesca. Os premios son unha das grandes atraccións do evento: a persoa gañadora recibirá 700 euros; o segundo premio consiste nunha caña de pesca AWA-SHIMA valorada en 650 euros; o terceiro e cuarto posto serán recompensados con 350 e 150 euros respectivamente e para rematar, o 5º, 6º e 7º premio son dous reloxos e un carrete de pesca.
Tamén haberá un premio especial de 200 euros á maior captura e outro para o primeiro clasificado do Concello de Camariñas, que recibirá un equipo completo de pesca.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse no blogue da Asociación de Empresarios. A cota de inscripción será de 50 euros e inclúe a a licencia federativa para todo o ano 2012, churrascada para o xantar e cea ao remate.
Para máis información podedes chamar aos números 677 351 799 ou 981 736 327.O correo electrónico é asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
Etiquetas: Camariñas, Campionato de Pesca
9 Decembro, 2011 Polo Nadal, comercio local
Xa chegou o Nadal. Ou iso podemos xulgar polos innumerables “papa noeis” pendurados das ventás, da iluminación das rúas, dos escaparates decorados con árbores e luceciñas de cores intermitentes…E co Nadal tamén chega ese impulso consumista que semella irrefreable de afrouxar a carteira e mercar, mercar e mercar. E xa postos, por que non apostar polo comercio local?
Continue reading this article ›
Etiquetas: Camariñas, campañas Nadal, comercio local, Corcubión, Vimianzo
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade
7 Outubro, 2010 Que é o GDR Costa da Morte?
O GDR Costa da Morte é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación.
O GDR Costa da Morte integra aos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, e comezou a operar no verán de 2008.
As súas funcións son as seguintes:
1. Informar e asesorar á poboación rural sobre o contido e alcance do programa de desenvolvemento rural e incentivar a participación activa no mesmo.
2. Promover e captar iniciativas, así como acompañar aos promotores no proceso de maduración de proxectos.
3. Avaliar e seleccionar proxectos promovidos polos promotores do territorio.
4. Efectuar, por delegación de AGADER, o control e seguimento da execución dos proxectos.
Se estades interesados en ampliar esta información, podedes consultar a nosa web oficial: http://www.gdrcostadamorte.com
Web oficial GDR Costa da Morte
Etiquetas: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Costa da Morte, Dumbría, Fisterra, GDR, LEADER, Mazaricos, Muxía, Vimianzo, Zas
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade