Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Tag Archives: Costa da Morte

Esta semana tivemos a oportunidade de comprobar o bo traballo e promoción turística que se ven facendo da Costa da Morte na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

A asociación cultural Pepe Valiña -Coral Xan Mella  presentarán mañá ás 21.00 horas no auditorio de Baio tres libros sobre a Costa da Morte. Estas tres obras, editadas polo Seminario de Estudos Comarcais en colaboración coa Deputación da Coruña,  constitúen unha interesante aportación para coñecer máis a fondo aspectos culturais e históricos da zona.

Continue reading this article ›

Etiquetas: , ,

A Costa da Morte é unha rexión da provincia da Coruña que abrangue os concellos de Camariñas, Cabana, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Nela podemos atopar paisaxes dunha extraordinaria beleza, monumentos históricos, espazos naturais para práctica de actividades de lecer, etc.

A continuación podemos disfrutar desta fermosa montaxe, un simple aperitivo do que virá máis adiante, xa que, paseniñamente, iremos publicando reportaxes, vídeos e fotografías de cada concello da Costa da Morte.

Asemade, tentaremos dar a coñecer a diferentes persoeiros da zona, para que nos relaten cómo é a súa vida neste recuncho da comunidade galega.

Coma sempre, agardamos contar cos vosos comentarios e propostas.

Etiquetas: , ,

O GDR Costa da Morte é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación.

O GDR Costa da Morte integra aos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, e comezou a operar no verán de 2008.

As súas funcións son as seguintes:

1. Informar e asesorar á poboación rural sobre o contido e alcance do programa de desenvolvemento rural e incentivar a participación activa no mesmo.

2. Promover e captar iniciativas, así como acompañar aos promotores no proceso de maduración de proxectos.

3. Avaliar e seleccionar proxectos promovidos polos promotores do territorio.

4. Efectuar, por delegación de AGADER, o control e seguimento da execución dos proxectos.

Se estades interesados en ampliar esta información, podedes consultar a nosa web oficial: http://www.gdrcostadamorte.com
Web oficial GDR Costa da Morte

Etiquetas: , , , , , , , , , , , ,

A %d blogueros les gusta esto: