Tag Archives: GDR Bergantiños
20 Xaneiro, 2012 Exposición fotográfica “Comarca Natural de Bergantiños”
Os nosos compañeiros do GDR Bergantiños teñen organizado para o vindeiro xoves 26, no Pazo da Cultura de Carballo, a inauguración dunha exposición fotográfica que recolle as fotografías galardoadas e participantes na edición 2011 do I Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”, organizado pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños.
A mostra estará aberta ao público ata o 26 de febreiro de 2012. O horario de apertura da sala de exposicións será de 18:00h a 21:00h de luns a domingo e a entrada é de balde.
Por motivos de aforo e organización, rógase confirmar asistencia ao acto de inauguración enviando un correo electrónico a info@adbergantinos.org antes do luns, 23 de xaneiro de 2012, ás 12:00h .
Etiquetas: Concurso Fotográfico, Exposición fotográfica, GDR Bergantiños
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Galería, Uncategorized