Tag Archives: “Nuevos Horizontes”
2 Abril, 2012 Xornada Técnica de Horticultura e Variedades Locais
O vindeiro 12 de abril, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo) acollerá unha Xornada Técnica de Horticultura e Variedades Locais.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", Centro Investigacións Agrarias Mabegondo, horticultura, variedades locais, Xornadas
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Local, Desenvolvemento Rural, Ecoloxía, Eventos, LEADER
16 Febreiro, 2012 O GDR Costa da Morte fai entrega de 175 quilos de pataca fina de Carballo a dous productores locais cos que asina un acordo de colaboración
O presidente da Asociación Costa da Morte GDR, Manuel Muíño Espasandín e dous productores locais asinaron hoxe un acordo de colaboración enmarcado dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”. Coa firma do convenio entregáronse 175 quilos de pataca fina de Carballo: 50 quilos a María Luisa Mata Rial, de Zas e 125 quilos a José Manuel Maneiro Alvite, de Mazaricos.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", pataca fina de Carballo
2 Xaneiro, 2012 O GDR Costa da Morte entrega 180 quilos de trigo á Cooperativa Rainha Lupa
A asociación Costa da Morte GDR entregou 180 quilos de trigo á Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas (Carnota). Esta acción inclúese dentro do acordo de colaboración asinado polas dúas entidades o pasado 19 de decembro, que se enmarca dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes” do que é socio o GDR.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", Acordo de colaboración, Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Rural, LEADER, Soberanía Alimentaria
20 Decembro, 2011 O GDR Costa da Morte e a Cooperativa Rainha Lupa asinan un acordo de colaboración dentro do proxecto “Nuevos Horizontes”
O presidente da Asociación Costa da Morte GDR, Manuel Muíño Espasandín e José Manuel Casáis, presidente da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas (Carnota) asinaron onte un acordo de colaboración enmarcado dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", Acordo de colaboración
- 1 comentario
- Posted under Actualidade
15 Novembro, 2011 Presentación en Carnota do Proxecto de Cooperación “Nuevos Horizontes”
O vindeiro martes, 22 de Novembro terá lugar en Carnota a Xornada de Presentación do Proxecto de Cooperación “Nuevos Horizontes”. O evento, que terá lugar no Salon de Actos do concello, comezará ás 18.00 horas cunha presentación a cargo de Diego Miranda Barrós, técnico de proxectos da Universidade de Santiago de Compostela e que forma parte da Secretaría Técnica doproxecto.
Na xornada participará Domingo Lojo Caamaño, xerente da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, ASDECOMOR, o GDR encargado de coordinar este proxecto. José Antonio Vila García, xerente da Asociación Costa da Morte GDR, que está adherida a Nuevos Horizontes, estará tamén presente no acto. O evento está dirixido a todas as persoas interesadas en coñecer máis a fondo o funcionamento do proxecto.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes"
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos
20 Outubro, 2011 Proxecto Novos Horizontes
Seguindo o fío temático aberto na anterior entrada, hoxe falamos do proxecto “Nuevos Horizontes” de cooperación interterritorial ao que está adherido o GDR Costa da Morte. Neste proxecto participan os grupos de desenvolvemento rural de Ordes, Mariña-Betanzos, EuroEume, Bergantiños, Costa Noroeste, Ancares-Courel, Terras de Lugo, Terras do Deza, O Salnés e Monteval-pola parte galega- e os de Navia-Porcia e Bajo Nalón pola parte asturiana.
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", desenvolvemento rural
- Deixar un comentario
- Posted under Desenvolvemento Rural, LEADER
18 Outubro, 2011 Se falamos de desenvolvemento: Soberanía e seguridade alimentaria
“Esta civilización non deixa durmir ás flores, nin ás galiñas, nin á xente. Nos invernadoiros, as flores están sometidas a luz continua, para que medren máis rápido. Nas fábricas de ovos, as galiñas tamén teñen prohibida a noite. E a xente está condenada ao insomnio, pola ansiedade de comprar e a angustia de pagar. Triunfa o lixo disfrazado de comida: esta industria está conquistando os padales do mundo e está facendo anacos as tradicións da cociña local. […] Os avogados dos transxénicos afirman que non está probado que prexudiquen a saúde humana. En todo caso, tampouco está probado que non a prexudiquen. E se tan inofensivos son, por que os fabricantes de soia tranxénica se negan a aclarar nos envases que venden o que venden? A etiqueta de soia transxénica non sería a mellor publicidade? Sí que hai evidencias de que estas invencións do doutor Frankenstein danan a saúde do solo e reducen a soberanía nacional. Exportamos soia ou exportamos solo? Quedamos atrapados nas gaiolas de Monsanto e outras grandes empresas de cuxas sementes, herbicidas e praguicidas pasamos a depender? Terras que producían de todo para o mercado local agora conságranse a un só produto para a demanda estranxeira. Desenvólvome cara afora e do de dentro esquézome.”
Continue reading this article ›
Etiquetas: "Nuevos Horizontes", agricultura ecolóxica, Seguridade alimentaria, Soberanía alimentaria
- Deixar un comentario
- Posted under Desenvolvemento Rural, Natureza, Soberanía Alimentaria