Tag Archives: Promoción do Territorio
6 Outubro, 2011 Xornada de Difusión de Proxectos Leader e Promoción do Territorio
A Asociación GDR Costa da Morte celebra este sábado, 8 de outubro, na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo, a Xornada de Difusión de Proxectos Leader e Promoción do Territorio. No evento participarán membros de distintos grupos de desenvolvemento rural, tanto a nivel autonómico como estatal, así como promotores de proxectos na área de acción da asociación GDR Costa da Morte, que darán a coñecer as iniciativas levadas a cabo até o de agora, así como os pasos a seguir para a presentación de novos proxectos.
A inauguración, ás 9.30 horas, correrá a cargo de Manuel Muiño Espasandín, Presidente da Asociación da Costa da Morte-GDR; José Antonio Santiso Miramontes, Presidente da Asociación de GDRs de Galicia; e Antonio Aguión Fernández, Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural de A Coruña.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Promoción do Territorio, Proxectos Leader, Xornada
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos