Tag Archives: Vimianzo
9 Decembro, 2011 Polo Nadal, comercio local
Xa chegou o Nadal. Ou iso podemos xulgar polos innumerables “papa noeis” pendurados das ventás, da iluminación das rúas, dos escaparates decorados con árbores e luceciñas de cores intermitentes…E co Nadal tamén chega ese impulso consumista que semella irrefreable de afrouxar a carteira e mercar, mercar e mercar. E xa postos, por que non apostar polo comercio local?
Continue reading this article ›
Etiquetas: Camariñas, campañas Nadal, comercio local, Corcubión, Vimianzo
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade
21 Novembro, 2011 Batáns de Mosquetín: un tesouro etnográfico no Concello de Vimianzo
Os Batáns de Mosquetín constitúen un dos principais tesouros etnográficos que alberga o Concello de Vimianzo. Situados á beira do río Grande, na parroquia de Salto, esta construcción ofrécenos unha clara imaxe do funcionamento, costumes e labores de antano nun escenario natural de incomparable fermosura.
Continue reading this article ›
Etiquetas: Batáns de Mosquetín, conxunto etnográfico, Vimianzo
- Deixar un comentario
- Posted under Galería, Historia, Monumentos, Natureza
27 Outubro, 2011 O pintor da terra
“A materia, nas súas mans, acadou novas especies. Máscaras, re-existencias. Non é conto que Mouzo fixo falar as pedras. Hai obras súas, obras mestras, feitas con areas e mica que apañaba polos penedos de Traba e Pasarela. Recollía pigmentos, sombras, simetrías que levaba consigo. Gardaba nos petos o misterio de Gaia. Loitaba contra a velocidade falsaria que espolia o tempo. Tiña, si, o biorritmo da terra: outras inmorredoiras obras son follas de carballo e de magnolio que antes existiron como latas de aluminio. A súa foi unha ollada revolucionaria. Detectaba a alma das cousas e facíaa transmigrar aos lenzos.”
Continue reading this article ›
Etiquetas: Antón Mouzo, exposición, Vimianzo
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Eventos, Historia, Monumentos, Ocio alternativo
7 Outubro, 2010 Que é o GDR Costa da Morte?
O GDR Costa da Morte é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación.
O GDR Costa da Morte integra aos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, e comezou a operar no verán de 2008.
As súas funcións son as seguintes:
1. Informar e asesorar á poboación rural sobre o contido e alcance do programa de desenvolvemento rural e incentivar a participación activa no mesmo.
2. Promover e captar iniciativas, así como acompañar aos promotores no proceso de maduración de proxectos.
3. Avaliar e seleccionar proxectos promovidos polos promotores do territorio.
4. Efectuar, por delegación de AGADER, o control e seguimento da execución dos proxectos.
Se estades interesados en ampliar esta información, podedes consultar a nosa web oficial: http://www.gdrcostadamorte.com
Web oficial GDR Costa da Morte
Etiquetas: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Costa da Morte, Dumbría, Fisterra, GDR, LEADER, Mazaricos, Muxía, Vimianzo, Zas
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade