Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O corcubionés Luís Lamela García é un dos historiadores e ensaístas máis sobranceiros do panorama galego. A súa obra cumio -e, por outra parte, a máis recente- é ‘Escapado’, un relato de ficción basado en feitos históricos e ambientado, entre outros lugares, no Monte Pindo e na ría de Corcubión. O protagonista desta obra, que recupera as lembranzas dos escapados durante o Franquismo, é Teófilo Caamaño (Carnota, 1912 – A Coruña, 1997), un mariñeiro e guerrilleiro antifascista español.

Cando estourou a Guerra Civil, foi obrigado a enrolarse na Lexión, circunstancia que aproveitou para cruzar o Estreito de Xibraltar e unirse á resistencia republicana. Trala derrota do bando republicano, Teófilo conseguiu fuxir a Francia, onde o sorprendeu o comezo da Segunda Guerra Mundial. Foi arrestado e retido no campo de concentración de Mauthausen, pero logrou escapar e integrarse na guerrilla para combater as forzas fascistas. Formou parte da primeira columna aliada que entrou victoriosa en París, e este feito valeulle numerosas distincións militares. Os últimos anos da súa vida transcorreron nun xeriátrico de Segovia, provincia na que trabou amizade con Amancio Prada, e alí faleceu en 1997. A escasa familia que aínda tiña en Carnota realizou unha colecta para trasladar o corpo de Teófilo á vila carnotá, onde foi soterrado.

A %d blogueros les gusta esto: