Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O Pazo de Trasariz (Vimianzo) é un dos máis impoñentes de toda a Costa da Morte polas súas dimensións e polo seu bo estado de conservación. A súa construción, xunto coa da capela anexa, atribúeselle ao alcaide (encargado da administración e mantemento dun castelo ou fortaleza) da Casa de Altamira na segunda metade do século XVII: Antonio de Caamaño y Quintana. Durante o século XIX pertenceu ás familias Ardeleiros e Teixeiro, e en 1880 pasou a mans de Andrés Paz Fernández.

Boa parte do seu atractivo radica no feito de que conxuga elementos de moi distintas épocas: inspiración claustral propia do Renacemento tardío, capiteles neoxónicos e neodóricos, palmeiras que lembran o “gusto indiano” típico dos emigrantes decimonónicos…

Malia que estamos a falar dunha propiedade privada, é moi recomendable achegarse á entrada e contemplar os seus exteriores.

A %d blogueros les gusta esto: