20 Marzo, 2012 A Xunta prepara axudas financeiras para os gandeiros afectados pola seca
A Xunta de Galicia anunciou hoxe que se está traballando na creación dun plan de axudas financeiras destinadas a paliar o impacto económico que esta seca prolongada está a provocar nas persoas que se adican á gandaría na nosa comunidade. Deste xeito, financiaranse total ou parcialmente os intereses dos préstamos aos que tiveron que recorrer os gandeiros para mercar forraxe coa que alimentar ao gando.
Dende a Consellería de Mar e Medio Rural afirman que xa se está levando a cabo unha ronda de contactos coas entidades financeiras en vías de pechar a orde que se prevé estará lista antes do verán. O que propoñen, dende a Administración, é que os gandeiros pidan un préstamo ao banco, presentando como garantía as axudas que van a recibir da PAC (e que están estudandoadiantar). Os intereses destes préstamos serían sufragados pola Xunta.
A UE estuda o adianto das axudas
Hoxe tamén se anunciou que a UE estudará adiantar as axudas a agricultores e gandeiros afectados pola seca ante as diversas peticións de países como España ou Portugal, afectados pola prolongada ausencia de choivas.
O comisario europeo de Agricultura, Dacián Ciolos, indicou que as subvencións previstas nestes casos “son coñecidas” e inclúen un anticipo das axudas agrícolas directas, que poderían concederse a partires do vindeiro 16 de outubro, e o recurso a unha parte das axudas do Estado, situación que se debatería “caso por caso”.
Tamén indicou que a medio-curto prazo se poderían aplicar medidas no eido das axudas de desenvolvemento rural orientadas a recuperar a capacidade de producción cando esta se vexa afectada por catástrofes naturais.
Fonte:
La Voz de Galicia
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Desenvolvemento Local, Desenvolvemento Rural, PAC
Deixar unha resposta