Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá do 21 ao 23 de xuño o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica.

Neste espazo preténdese debater e aprender das experiencias agroecolóxicas innovadoras que se están a desenvolver en Galicia, no Estado e no Mundo. O Congreso está dirixido a todos os axentes sociais implicados no desenvolvemento do territorio: agricultores, consumidores, asociacións, científicos, axentes de desenvolvemento local…

O Congreso estructurarase arredor de tres bloques temáticos que se corresponden coas tres dimensións da agroecoloxía (técnico-productiva; política e sociocultural).

Na dimensión técnico-productiva abordaranse os traballos centrados na análise das innovacións agroecolóxicas nos ámbitos técnico-productivos vencellados a manexos agrogandeiros, aproveitamento de montes e recursos fitoxénicos. Pola súa parte, na dimensión política profundarase en temas como os sistemas agroalimentarios alternativos; calidade, saúde e seguridade alimentaria; movementos sociais, agroecoloxía e soberanía alimentaria ou feminismo e agroecoloxía. Para rematar, a dimensión sociocultural inclúe varias áreas temáticas nas que se abordan cuestións como a agroecoloxía e coñecemento tradicional; indicadores de sustentabilidade e soberanía alimentaria ou ética e epistemoloxía e educación para a agroecoloxía.

Inscricións

Antes do 1 de maio: 60 euros. Para estudantes e desempregados, 30.

A partir do 1 de maio: 90 euros. Para estudantes e desempregados, 45.

Para máis información e inscricións:

Páxina web

Advertisements

Etiquetas: , , , , ,

%d bloggers like this: