Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A artesanía é un dos grandes valores da Costa da Morte, onde triunfan o palillo (Camariñas e Vimianzo, fundamentalmente), a cerámica (Buño), o liño (Zas) e maila confeción de sombreiros de palla (Mazaricos). A nosa primeira parada será no mundo do liño, unha materia prima moi apreciada pola súa elegancia.

En Zas, a asociación Amigos do Liño está a desenvolver dende hai uns anos unha notable labor de recuperación e dignificación do liño. Para conseguir o seu obxectivo, organizan exposicións periodicamente, puxeron en marcha o Museo do Liño e, unha vez ao ano, celebran unha comida tradicional semellante á que se facía durante as antigas fíadas, a base de migas, bacallau e papas de arroz.

E velaquí tedes algunha mostra do que se pode facer con liño…

A %d blogueros les gusta esto: