Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) organiza o curso ‘Introdución á cooperación internacional ao desenvolvemento’, que terá lugar o próximo 8 de marzo.

Este curso, dirixido a persoal técnico dos grupos de desenvolvemento rural e redes territoriais, pretende proporcionar un coñecemento xeral acerca da cooperación ao desenvolvemento, dende aspectos teóricos e metodolóxicos ata o marco normativo. Tamén se darán a coñecer diferentes proxectos de cooperación ao desenvolvemento operativos na actualidade. Así mesmo as persoas asistentes poderán coñecer o funcionamento das diferentes organizacións e entidades que traballan no ámbito da cooperación internacional.

O curso terá un formato de taller de traballo. A formación xirará ao redor de casos concretos e reais, explicados con simulacións e exemplos prácticos.

O claustro de profesores estará composto por Soraya Villaroya, responsable de Relacións Internacionais do Instituto Interamericano de Cooperación para a Agricultura (IICA); David Retama, responsable de Programas de Cooperación da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas (FIAPP); María José Murciano, directora de Proxectos de Cooperación da Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR).

As inscricións pódense realizar a través do correo electrónico redr@redr.es

Información extraída de:

REDR.es

Etiquetas: , , ,

A %d blogueros les gusta esto: