Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A terceira convocatoria para a constitución de Espazos Sociais de Innovación (ESdI) xa está aberta. Ata o 23 de abril deste ano, todas aquelas organizacións de innovación aberta dirixidas por comunidades e usuarios sociais xa poden presentar as súas candidaturas para a súa inclusión na Rede Nacional de ESdI.

Que é un ESdI?

É unha estructura organizativa que engloba a todos os actores do territorio (asociacións, fundacións, empresas…) que traballan no eido do desenvolvemento local. A Rede de Espazos Sociais de Innovación aglutina a todos os ESdI coa finalidade de desenvolver unha serie de infraestructuras tecnolóxicas, metodolóxicas de traballo e ferramentas comúns para todos os ESdI, cada un dos cales o emprega para desenvolver proxectos concretos dentro dos seus territorios.

Quen pode constituírse como Espazo Social de Innovación? 

Todos os Grupos de Acción Local interesados na innovación nos seus territorios, que conten con un certo bagaxe en canto a novas tecnoloxías e que teñan un mínimo desenvolvemento tecnolóxico.

Que vantaxes ofrece constituírse como Espazo Social de Innovación? 

Fomenta o intercambio de ideas de proxectos e constitución de consorcios fortes  para presentar propostas máis completas nas convocatorias de proxectos de I+D+I tanto nacionais como internacionais e mellorar a capacidade de representación dos socios da rede nas organizacións europeas que coordinan as liñas de traballo relacionadas con Living Labs e Espazos Sociais de Innovación, entre outras.

Os resultados da convocatoria presentaranse nas 2ª Xornadas Internacionais de Espazos Sociais de Innovación que se celebrará en Extremadura o 24 de maio deste ano.

Para máis información:

unblogenred.es

CETIEX

 

Advertisements

Etiquetas: , , ,

%d bloggers like this: